concellos SERVIZOS PÚBLICOS

Esiximos que Xunta e Concello cubran a praza de traballador social en Ribadavia

O PSDEG-PSOE DE RIBADAVIA ESIXE AO GOBERNO DOS POPULARES A REPOSICIÓN URXENTE DA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CENTRO DE SAUDE E CONSIDERA INADMISIBLE A SITUACION ACTUAL

“O xerente do centro comprometeuse no seu momento  a cubrir a vacante e a día de hoxe está olvidado ese tema”, denuncian a concelleira Noelia Rodríguez

Por esta causa non se están a facer seguimentos de pacientes Covid cando estamos atravesando a 2ª onda de coronavirus na provincia e Ribadavia conta con máis afectados que na primeira

Ribadavia / Ourense, 10 de outubro de 2020. O PSdeG-PSOE de Ribadavia require ao concello a cobertura urxente do posto de traballador/a social no centro de saúde da vila o cal está sen cubrir dende que se xubilou a anterior traballadora social no mes de agosto. Os socialistas xa veñen advertindo de que esta situación se sucedería dende o pasado mes de xullo cando aseguraban que nin a Xunta nin o goberno dos populares con César Fernández á cabeza cubrirá a vacante e consideran “inadmisible que non se adiantasen aos feitos cando nos atopamos nunha situación grave de risco sanitario onde os servizos sociais son máis indispensables que nunca”, denuncian.

Os socialistas da vila denuncian que esta situación é “sumamente gravosa” xa que implica que todo o que está relacionado con trámites de dependencia, minusvalías, discapacidades, apoio administrativo, información anticonceptiva, prestacións, información social de embarazos e interrupcións, seguimentos de embarazos en risco, informes, consultas, etc, atópase sen atender.

“O xerente do centro comprometeuse no seu momento  a cubrir a vacante e a día de hoxe está olvidado ese tema”, denuncia a concelleira Noelia Rodríguez, ademais de que a parte da “área sanitaria que corresponde á traballadora social non funciona na vila do Ribeiro desde agosto”- nin sequera con persoal en rotación.

Por outra banda, tampouco se están a facer seguimentos de pacientes Covid coma o control de síntomas, o apoio familiar, os trámites e o apoio social para persoas que viven en soidade ou persoas dependentes; cando estamos atravesando a 2ª onda de coronavirus na provincia e Ribadavia conta con máis afectados que na primeira.

Entre as funcións da traballadora social está supervisar os casos de covid, as urxencias, a atención aos pacientes que acuden ao centro de orientación familiar – quenes nin sequera poden pedir nin cita porque o administrativo non existe- ademáis de impartir charlas nos institutos sobre a covid, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual

O novo centro de saúde sen concretar

O voceiro dos socialistas de Ribadavia, Nacho Gómez, tamén reclama coñecer “como vai a xustificar agora a Xunta de Galicia, gobernada por Feijóo e o concello, co popular, César Fernández, á cabeza, porqué non se leva a cabo a construción do novo centro de saude”.

Cando o PSdeG-PSOE rexía o consistorio os populares e a Xunta alegaban que “faltaba documentación” e agora xa non se trata soamente diso, senón de que durante o mandato do PSOE todo foron “eivas e trabas” mentres que agora dan por morto o novo ambulatorio.

Todo foron mentiras de Feijóo e do alcalde para que non fose un goberno socialista o que levara adiante a nova obra do centro de saúde e inciden en que  si eso acontece esixirán “danos e prexuizos” ao concello de Ribadavia.