INICIATIVAS SOCIALISTAS OURENSÁNS NAS INSTITUCIÓNS

Reunímonos con Ahrou para escoitar as súas inquedanzas

O PSDEG-PSOE DE OURENSE APOIA AS REIVINDICACIÓNS DA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN DE OURENSE QUE PIDE AXUDAS PARA O SECTOR NUNHA GRAVE CRISE ECONÓMICA

O secretario provincial, Rafa Villarino e os deputados e deputadas autonómicas, Juan Carlos Francisco e Carmen Dacosta, mantiveron un encontro cos representantes de Ahrou para escoitar as súas inquedanzas

Dende o PSdeG-PSOE trasladáronlle as iniciativas que van a levar a cabo no Parlamento de Galicia para esixirlle a Feijóo axudas directas a un sector abandonado na provincia e con moitas restricións

Ourense, 20 de outubro de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense mantivo un encontro coa Asociación de Hostalería e Restauración de Ourense (Ahrou) da que forman parte máis de 60 hostaleiros da cidade e de recente creación, trala grave situación que está a vivir o sector na cidade por mor das restricións impostas por parte da Xunta de Galicia. Os socialistas trasladáronlles os asociados as diferentes iniciativas parlamentarias que levarán a cabo diante do Parlamento de Galicia nos próximos días e amosáronlles o seu “total apoio” a un sector que conta con máis de 10.000 autónomos na provincia, dos que un 40% exercen a súa actividade na capital, ademais dos milleiros de postos de traballos que están ligados a hostalaría e restauración.

No encontro participaron o secretario provincial dos socialistas ourensáns, Rafael Rodríguez Villarino; o deputado autonómico, Juan Carlos Francisco e a tamén deputada autonómica, Carmen Rodríguez Dacosta; que compartiron mesa de traballo co presidente de Ahrou, Álex Castro e con outro dos membros da asociación, Pepe Vilachá. Os hostaleiros trasladáronlle os socialistas as súas inquedanzas e varias propostas que os socialistas se comprometeron a estudar para tratar de levalas a cabo a través de diferentes iniciativas tanto na Xunta de Galicia, como na Deputación de Ourense e no Concello, onde o que máis preocupa e a ausencia total de renovación na ordenanza de veladores, que leva anos obsoleta e que está condenando a todo o sector.

Rafa Villarino, Carmen Dacosta e Juan Carlos Francisco mantiveron un encontro cos representantes de Ahrou, Álex Castro e Pepe Vilachá.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense lembran que xa a pasada semana lle reclamaron á Xunta axudas directas para a hostalaría tralo “abandono deliberado” de Alberto Núñez Feijóo deste sector, a pesar de ter competencias plenas para impulsar esta solución. Os socialistas consideran “imprescindibles” e “urxentes” estas medidas para paliar os efectos negativos das medidas adoptadas polo goberno galego para frear a emerxencia sanitaria na terceira cidade de Galicia e en parte da provincia, polo que reclaman ao presidente que “deixe o escapismo” e aprobe unha solución inmediata como a que aplican o Goberno central e outros executivos autonómicos desde hai meses.

Os socialistas citaron aos hostaleiros a futuras reunións para seguir traballando polo ben e futuro da cidade e dun sector que move milleiros de postos de traballo e que se atopa nunha situación agónica e na que só percibiron axudas por parte do Goberno central, como foi o caso dos ERTE o das axudas a autónomos. Dende o PSdeG ourensán non dan creto a que a día de hoxe a Xunta sega sen apostar por axudas directas a un sector que vive as súas horas máis baixas dadas as restricións.

O secretario provincial e voceiro municipal dos socialistas no Concello de Ourense, Rafa Villarino, escoitou tamén con atención e tomou boa nota das propostas de veladores que lles trasladaron desde Ahrou, xa que nos vindeiros comezarase a traballar nunha nova ordenanza “clave para o sector” e na que os hostaleiros teñen moito que dicir.