Concello de Ourense INICIATIVAS

Impulsamos a redacción do IV Plan de Equidade do Concello de Ourense

O PSDEG-PSOE DE OURENSE IMPULSA A REDACCIÓN E APROBACIÓN DO NOVO PLAN DE EQUIDADE DE XÉNERO E INSTA AO “MICROGOBERNO” QUE CESE NO DESLEIXO DA IGUALDADE

Rafa Villarino destaca o “prioridade” dos socialistas onde a igualdade é a súa razón de ser mentres se leva amosado “un retroceso pernicioso” tanto no bipartito PP-DO como no actual “microgoberno”

Concepción García require a “avaliación do plan vixente e considera irrenunciable a necesidade nos próximos anos de posta en valor do Centro de Información Municipal á Muller”

Ourense, 29 de outubro de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense insta ao goberno municipal a redacción e aprobación do IV Plan de Equidade de xénero 2021-2024 do Concello e amosen o seu compromiso no cumprimento do mesmo cunha moción que presentarán no pleno do vindeiro 6 de novembro. O voceiro municipal, Rafa Villarino, destaca o “compromiso e prioridade” dos socialistas onde a igualdade é a súa razón de ser e a súa base mentres se leva amosado “un retroceso pernicioso” neste ámbito tanto no bipartito PP-DO como no actual “microgoberno”.

A moción impulsada polo traballo entre o grupo municipal e as xuventudes socialistas que esixen ao “microgoberno” que “cesen no desleixo” da igualdade con “medidas que non son propias de gobernos do século XXI como aconteceu fai uns meses co anuncio de Jácome da saída do concello do plan Viogen ou o abandono actual do CIM carente de recursos”. Un desleixo que ven xa herdado do Partido Popular o cal “mantiña a unha concelleira de igualdade”, Sofía Godoy, “realizando declaracións en contra do 8m”, tal e como recorda a secretaria de igualdade das Xuventudes Socialistas, Sarai Voces.

Voces amosa o compromiso das xuventudes e dos socialistas coas medidas de progreso cara este ámbito xa que “unha unha cidade do s XXII debe facer  políticas que xiren cara a xustiza social e a igualdade entre os seus habitantes”.

Este requerimento dos socialistas maniféstase despois de que o plan vixente na actualidade e aprobado no 2017 finalice este ano e “non se teñan noticias” nin  da avaliación do actual, nin da redacción dun novo para os vindeiros 3 anos por parte do goberno. O III plan de equidade 2017-2020, fóra realizado xa a instancias do PSOE e “consensuado cos grupos políticos, persoal técnico, a comisión de violencia de xénero e o movemento asociativo, e o cal buscaba darlle continuidade aos anteriores plans e ao traballo que a nivel local se desenvolveu históricamente dende o Concello a prol da equidade de xénero”, como explica a concelleira Concepción García Lozano.

A concelleiraasegura que a día de hoxe “non se coñece o grado de cumplimento do plan” despois de que se rexeitase a súa avaliación para “identificar os logros e carencias” despois de que nin a anterior concelleira de igualdade do PP, Eugenia Díaz Abella, nin o actual concelleiro, Telmo Ucha, “aportaran a documentación requerida polos socialistas dende comezos de ano”.

Dende o seo socialista consideran irrenunciable a necesidade nos próximos anos de posta en valor do Centro de Información Municipal á Muller no que se inclúa: o reforzo e dotación de persoal imprescindible, a recuperación dos programas de conciliación laboral e familiar, a formación en materia de equidade e violencia de xénero, a mellora do asesoramento xurídico e apoio psicolóxico ás vitimas de violencia de xénero e a promoción e difusión de campañas informativas e publicacións relacionadas con este ámbito ó longo de todo o ano, non só nas datas máis coñecidas como o 8M e o 25N.

Un plan que sirva de guía para acompañar todas estas medidas das asignacións económicas correspondentes nos orzamentos municipais, para convertelas en realidade despois de anos de desmantelamento e abandono