GOBERNO ESTATAL POLÍTICA PROVINCIAL

Estas son as obras en Ourense dos orzamentos do Estado de 2021

Ourense, 30 de novembro de 2020. O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado contempla 870,8 millóns de euros para Galicia, un 6,8 % máis que o previsto no Proxecto de Lei de PGE 2019. Esta cifra inclúe un investimento real de 832,2 millóns (9,9% máis que en 2019), o que supón unha porcentaxe superior á súa contribución ao PIB nacional (5,2%) e á súa participación sobre a poboación nacional (5,7%). O investimento por habitante en Galicia ascende a 308,3 euros, case un 20% por encima da media española que se sitúa en 258,2 euros por habitante.

No caso concreto de Ourense o investimento ascende ata 123,5 millóns, o que implica un reparto per cápita de 402 euros por habitante.

Estas son as principais obras do proxecto de orzamentos de 2021 en territorio ourensán:

OBRAMILLÓNS
Variante ferroviaria de Ourense (primeiro tramo e estación intermodal)29
Circunvalación O Barco de Valdeorras 22,8
Tramo LAV Galicia-Madrid (Pedralba-Ourense)19
Renovación liña ferroviaria Ourense-Monforte12,76
Mellora liña ferroviaria Vigo-Redondela-Ourense11,6
Conservación e seguridade vial9
Rehabilitación Museo Arqueolóxico de Ourense4,7
Plans trasversais de modernización da rede ferroviaria3
Mellora liña ferroviaria Monforte-Covas 2,86
Orzamento de RENFE para a provincia2,3
Nova sede central da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (Ourense)2,0
Redacción de proxectos de tramos pendientes da A-56: Quintela-A Casilla-Cambeo-San Martiño0,4
Licitación e adxudicación da A-56, tramo ‘Variante Norte de Ourense’ (Eirasvedras-Quintela)0,25