concellos Denuncias

O PP de Cartelle condena a hostalaría ao rexeitar a iniciativa socialista para darlles axudas

O PARTIDO POPULAR DE CARTELLE DA AS COSTAS A HOSTALARÍA E VOTA EN CONTRA DA MOCIÓN DO PSDEG-PSOE NA QUE PEDÍA UN PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E AXUDAS PARA O SECTOR

O voceiro socialista en Cartelle, Jesús Pereira, critica que os populares “aleguen que non hai cartos, cando se están destinando a actividades que arestora non so prioritarias” e acusa ao alcalde e a senadora Carmen Leyte de “condenar a hostalaría do municipio a ruína”

Cartelle, 6 de novembro de 2020. O PSdeG-PSOE de Cartelle defendeu no pleno municipal unha moción na que instaban ao grupo de goberno municipal do Partido Popular a que se apoiase ao sector hostaleiro mediante un plan de reactivación da actividade económica, no que se contemplaran entre outras medidas, unha liña de axudas económicas destinadas a atemperar os gastos dos establecementos hostaleiros de Cartelle. Os socialistas atopáronse co voto en contra do Partido Popular quen se negou a conceder axudas aos hostaleiros do municipio e alegou que “non hai cartos para esta iniciativa”.

Os socialistas amosan o seu profundo malestar porque os populares “dean as costas” a un dos sectores máis castigados pola pandemia e as restricións levadas a cabo pola Xunta de Galicia, como é a hostalaría. “A nosa iniciativa buscaba apoiaba ao sector con medidas concretas de axudas económicas e buscaba garantir a supervivencia destes negocios, pero vese que o Partido Popular de Cartelle os autónomos e pequeno comercio non lle interesa absolutamente nada”, sinala o voceiro dos socialistas Jesús Pereira.

Unha moción que no caso do Partido Popular, non foi defendida polo alcalde Jaime Sousa, senón pola senadora e ex alcaldesa, Carmen Leyte, que se negou en rotundo a aprobar axudas a hostalaría. Situación que provocou as críticas do Grupo Municipal Socialista que denuncia que Leyte “é a alcaldesa na sombra, a que toma as decisións e a que lle ordena ao actual alcalde Jaime Sousa como debe actuar e gobernar”. “Non damos creto a pouca altura de miras que amosa a senadora popular e que demostra que non son conscientes da magnitude da pandemia e da grave situación económica que está a vivir a hostalaría”, denunciou Pereira.

O voto en contra do Partido Popular, que conta con maioría absoluta, foi decisivo para non concretar unhas axudas que segundo apuntan os socialistas “a hostalaría agardaba como auga de maio”. O voceiro do PSdeG de Cartelle critica tamén que o goberno municipal “se escude en que non hai cartos, cando se están dedicando investimentos a cuestións que a día de hoxe non son prioritarias, polo que a señora Leyte e o señor Sousa condenan a hostalaría do municipio a ruína económica ante a falta total de miras políticas”.

O PP tamén rexeita a creación da figura do coidador no CEIP San Marcos

Outra das mocións que o PSdeG-PSOE de Cartelle levaba a pleno era a creación dunha praza municipal de coidador ou coidadora, que atendera as necesidades das crianzas do CEIP San Marcos, tal e como demandaban os pais e nais do centro. O alcalde alegou que o director do centro lle informara de que esa labor xa a levaban a cabo os mestres e mestras do centro, algo que os socialistas lle rebateron, “pois esa non era a información e queixas que nos trasladaran os pais e nais, que en moitos casos tiñan que acudir para proceder o cambio de cueiros”, destacou Jesús Pereira.

Os socialistas optaron por retirar a votación da moción ante as explicacións do rexedor, pero quedaron pendentes de trasladarlles os pais e nais das crianzas do centro esta afirmación para que estes opten por levar a cabo as medidas oportunas no caso de que non sexa correctas as afirmacións do alcalde de Cartelle.