Concello de Ourense INFRAESTRUCTURAS

Solicitamos solucións urxentes para o «caos e masificación» xerado polas «marquesiñas pendello» da estación de autobuses

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA O “CAOS E MASIFICACIÓN” XERADO POLAS “MARQUESIÑAS PENDELLO” DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES E RECLAMA SOLUCIÓNS URXENTES

Natalia González explica que “durante toda a fin de semana” os usuarios e usuarias do servizo de autobuses tiveron que “esperar á intemperie e baixo a choiva” provocando un profundo malestar

“Unha chapuza que responde ás presas de endosarnos unha estación de autobuses que non queremos e que día a día nos demostran que lle importan ben pouco os ourensán”, reclaman os socialistas.

Ourense, 16 de Novembro de 2020. O Grupo municipal socialista de Ourense denuncia o “caos” vivido coa posta en funcionamento das “marquesiñas- pendello” que substitúen a antiga estación de autobuses e solicitan á Xunta de Galicia e ao Concello de Ourense “medidas urxentes” para “solucionar a problemática xerada”, así o explicou a concelleira, Natalia González.

Gonzalez concreta que as marquesiñas instaladas no aparcamento, e que funcionan como dársena de espera, provocou que “durante toda a fin de semana” os usuarios e usuarias do servizo de transporte de autobuses coa cidade tivesen que “esperar á intemperie e baixo a choiva” provocando un profundo malestar entre os veciños e as veciñas de Ourense.

Dende a súa colocación tanto o grupo socialista coma os usuarios e usuarias veñen denunciando a “deplorable situación” ao ter que “esperar hacinados” ao frío dado que as dúas novas marquesiñas instaladas “non son suficientes para cumplir o aforo”. Así mesmo, dende o seo socialista consideran “aínda máis deplorables” que se dean estas circunstancias na actual situación que se vive pola pandemia cando o sistema non permite sequera cumplir co distancionamento social, mentres “existe un edificio que sí podía garantir tódalas medidas”.

Os socialistas xa veñen avisando en reiteradas ocasións da falta de seguridade e o absoluto caos que se ía xerar polo “capricho” de Feijóo e a Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, de realizar a “demolición exprés” do edificio da antiga estación de autobuses sen que estea rematada e posta en funcionamento a nova. “Unha chapuza que responde ás presas de endosarnos unha estación de autobuses que non queremos e que día a día nos demostran que lle importan ben pouco os ourensáns”.