POLÍTICA PROVINCIAL Socialistas

Cristina Almeida celebra un encontro dixital cos socialistas ourensáns con motivo do 25 de novembro

O PSDEG-PSOE DE OURENSE CELEBRA NA VESPERA DO 25 DE NOVEMBRO UN ENCONTRO DIXITAL COA AVOGADA E POLÍTICA CRISTINA ALMEIDA

Baixo o lema, “a pandemia non elimina a violencia contra as mulleres”, Almeida e os cargos e militantes socialistas ourensáns analizarán os problemas actuais da lacra da violencia de xénero

Ourense, 22 de novembro de 2020. O PSdeG-PSOE de Ourense celebrará na véspera do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un encontro dixital coa política e avogada Cristina Almeida. Unha voz fidedigna para analizar a problemática da lacra da violencia de xénero e conmemorar un día clave dentro do socialismo ourensán. O encontro terá lugar o martes 24 a partir das 19:30 horas e no mesmo tamén participarán o secretario provincia, Rafael Rodríguez Villarino; o deputado, Adolfo Pérez Abellás; a deputada, Uxía Tizón; e a secretaria provincial de igualdade, Zaida Rodríguez.

Baixo o lema “a pandemia non elimina a violencia contra as mulleres”, Almeida relatará polo miúdo os problemas aos que se enfrontan as mulleres no día a día e a problemática da violencia de xénero na sociedade actual. Un encontro aberto a militancia socialista e que se agarda que conte con gran participación.