EMIGRACIÓN INICIATIVAS

A secretaría provincial de emigración informa das novas aos retornados

A SECRETARÍA PROVINCIAL DE EMIGRACIÓN INFORMA QUE OS RETORNADOS PODEN SOLICITAR UN CERTIFICADO PARA ABONAR A DÉBEDA TRIBUTARIA DOS ANOS FISCAIS EN ALEMAÑA

O secretario de emigración do PSdeG-PSOE de Ourense, Luís Gulín, salienta que “o certificado será remitido por primeira vez en castelán e no mesmo figura a cantidade, ano fiscal e data de pagamento”

Con este servizo o Finanzamt Neubrandenburg quere facilitar aos emigrantes retornados de Alemaña unha mellora na comunicación coa Axencia Tributaria de España

Ourense, 23 de novembro de 2020. O secretario provincial de Emigración do PSOE de Ourense, Luís Gulín, foi informado pola Axencia Tributaria de Alemaña (Finanzamt Neubrandenburg), entidade que xestiona o pago do 5 por cento do IRPF das pensións alemáns que se abonan no exterior, que os retornados poden solicitar un certificado para abonar a débeda tributaria dos anos fiscais reclamados por Alemaña. “Ese certificado será remitido por primeira vez en español, onde consta a cantidade abonada, ano fiscal correspondente e data de pago do contribuínte”, sinala Gulín.

Con este servizo o Finanzamt Neubrandenburg quere facilitar aos emigrantes retornados de Alemaña unha mellora na comunicación coa Axencia Tributaria de España. Segundo puido constatar Luís Gulín en conversacións con técnicos do organismo alemán, “o Finanzamt Neubrandenburg ten centenares de queixas e protestas pola xestión da Axencia Tributaria de España co tema do pago do 5 por cento da pensión alemá, moitos deles baseados en que as oficinas da axencia tributaria española alegan descoñecer que facer con eses trámites, circunstancia que causa gran sorpresa nos alemáns ao dispor a web do Finanzamt Neubrandenburg toda a información en varios idiomas, entre eles o español”.

Por parte do organismo alemán anímase aos retornados de enviar as súas queixas á seguinte dirección postal, preferentemente en alemán:

KOORDINIERUNGSTELLE DEUTSCHLAND-SPANIEN

FINANZAMT NEUBRANDENBURG

Postfach 110140

17041 Neubrandenburg (Alemaña)

Posteriormente ese equipo de coordinación, que supervisa o convenio hispano alemán para evitar a dobre imposición, remitirá á Axencia Tributaria de España un resumo das queixas e melloras a realizar.