Concello de Ourense Denuncias

Por que Jesús Vázquez non quere debater en público co PSdeG-PSOE?

Ourense, 5 de maio de 2021. O pasado venres 30 de abril, Telemiño propuxo ao voceiro do PSdeG-PSOE, Rafa Villarino, e ao máximo responsable do PP no Concello de Ourense, Jesús Vázquez, un debate cara a cara. Unha hora de conversa pública en directo na cadena local de televisión da terceira cidade de Galicia, para falar sobre a crise que viven o consistorio e a urbe. “Todas as ocasións son boas para falar e para darlle un pulo a Ourense”, aseguran desde PSOE. O líder socialista aceptou a proposta de inmediato, pero Vázquez dixo non.

Por que non quere falar en público diante de toda a cidadanía? Que quere ocultar Jesús Vázquez? Que pasa no PP de Ourense?

O voceiro socialista explica neste vídeo o acontencido: