Denuncias Deputación de Ourense

Consulta aquí o escandaloso informe do Consello de Contas sobre contratos e subvencións a dedo de Baltar

Ourense, 19 de maio de 2021. O informe do máximo órgano fiscalizador galego é demoledor coa xextión de Manuel Baltar. Así posi, conclúe que a contratación menor a dedo e sen publicidade é o procedemento ordinario de adxudicación na deputación, superando o 80% do volume contratado en 2018. “Adxudicándose por este procedemento absolutamente todos os contratos do plan provincial de cooperación ás obras e servizos cos municipios”, salienta. Os socialistas valoran agora accións legais ante unha conclusións “escandalosas” que destapan unha “trama” na Deputación de Ourense.

“Dos 9,8 millóns de euros contratados, 7,8 foron executados mediante este modelo de adxudicación opaca a dedo, e o 70 % destes concentráronse sempre nas cinco mesmas empresas”, sinalan desde o PSdeG-PSOE en base ao descrito no documento, antes de advertir que “indagarán” nas causas reais desta “sospeitosa concentración”.

Contas tamén resalta que o procedemento máis empregado para repartir subvencións foi a concesión nominativa a dedo –o 84 % do total–, incumprindo flagrantemente a Lei Xeral de Subvencións na que se ordena que o procedemento ordinario debe ser a concorrencia competitiva. “Non se cumpre coa obriga de publicidade en relación coas subvencións, o que constitúe unha infracción grave da normativa”, denuncia o órgano fiscalizador.

A Deputación de Ourense tampouco cumpriu coa rendición da conta xeral de 2018 que, ademais, presenta defectos graves: “os defectos son de tal magnitude que impiden considerala como rendida”, sinala o Consello de Contas antes de indicar que é a única das catro deputacións galegas nesta situación. En Galicia, 304 concellos, tres deputacións, 18 mancomunidades e seis entidades locais menores cumpriron as obrigas de rendición de contas, pero Baltar non.