O PSDEG-PSOE DE OURENSE IMPULSA NA DEPUTACIÓN QUE SE ADOPTEN MEDIDAS «REAIS E EFECTIVAS» PARA «EQUIPARAR» ÁS PERSOAS MENORES DE IDADE EN ACOLLEMENTO FAMILIAR
Álvaro Vila defendeu a necesidade de “implicar” á Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia neste senso e destacou que Ourense “é a única provincia na que o ente autonómico sigue un criterio diferente”
Ourense, 30 de xullo de 2021. O PSdeG-PSOE de Ourense acadou o apoio unánime dos partidos representados na Deputación Provincial de Ourense para que a moción presentada polos socialistas e na que se pedían que se adopten medidas reais e efectivas para equiparar ás persoas menores de idade en acollemento familiar fose aprobada. Os socialistas chegaron a un acordo co resto de grupos para incluír uns puntos de acordo de consenso e nos que se incluíron tamén os puntos de acordo aportados nunha emenda engádega.
A primeira en tomar a palabra foi Carmen Dourado Rodríguez, coordinadora técnica e traballadora social da Asociación Galega de Familias de Acollida ACOUGO que aproveitou para expoñer a problemática que afecta aos menores en acollida e as súas familias e o traballo que levan a cabo dende a asociación. Destacou a importancia de incorporar o ítem familia acolledora ou crianza en acollida nos impresos e modelos das súas áreas de xestión configurando medidas que apoien “positivamente” a estas familias e menores. Tamén fixo fincapé na necesidade que a Deputación valore a posibilidade de ofrecer formación básica ou avanzada o seu persoal, que se elabore un rexistro provincial de familias acolledoras de carácter voluntario, que se aproben axudas para estas familias ou que se poña en práctica medidas para divulgar e sensibilizas sobre o acollemento familiar.
Pola súa banda, o deputado provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila, aproveitou o debate para pór o foco en que Ourense “é a única das catro provincias galegas na que a Xunta de Galicia sigue un criterio diferente coa acollida permanente”, xa que tal e como indica “unha vez rematan os dous anos de acollida permanente, as crianzas pasan a un centro institucionalizado da Xunta e non poden seguir cunha familia, que creemos que é o entorno máis adecuado para estes rapaces e rapazas”.
Vila pediulle á Xunta que “mude” este criterio e solicitoulle á Deputación de Ourense que tome medidas en “positivo para que se recoñeza dende o primeiro momento que un neno en acollida sexa considerado fillo natural ou adoptivo”. O deputado socialista tamén pide que se conceda “axudas” para estas familias de acollida que como relata “fano de xeito altruísta” e sinala que “agardamos acada o apoio unánime da corporación”.
O PSdeG-PSOE reclamaba na moción á Deputación de Ourense que adoptase medidas “reais e efectivas” para “equiparar” ás persoas menores de idade en acollemento familiar. Os socialistas defenderon outorgarlles a consideración de fillo ou filla natural durante o período de convivencia, xa que isto suporía o acceso, en igualdade de condicións, a servizos como ludotecas, bolsas, campamentos ou actividades deportivas, así como á redución de impostos. “Queremos acabar cunha discriminación que crea problemas innecesarios ás familias”, sinalaron antes de recordar que “xa están en funcionamento medidas similares en concellos de Galicia e do resto de España”.