UN TREN AVE CHEGA POR PRIMEIRA VEZ A GALICIA GRAZAS AO PULO DO GOBERNO CENTRAL ÁS OBRAS DA NOVA LIÑA FERROVIARIA TRAS ANOS DE PARALIZACIÓNS E DESPREZOS DO PP
Os socialistas ourensáns celebran este “fito histórico” que permitirá cumprir os prazos anunciados, coa posta en servizo comercial da nova infraestrutura a finais deste ano
“O PP pisoteou e esmagou o AVE a Galicia, paralizando obras e tapiando túneles,tal e como confirmou o Tribunal de Contas, con Feijóo, Baltar e Jácome aplaudindo aquel desleixo”, denuncia o PSdeG
Ourense, 4 de agosto de 2021. Un tren AVE –concretamente da serie 112 de Renfe, tamén coñecido como ‘Pato’– chegou a Galicia por primeira vez na historia, grazas ao pulo que o Goberno central de Pedro Sánchez lle deu ás obras da liña de alta velocidade, tras “longos anos de paralizacións e desprezos do PP”. O AVE finalizou onte a súa viaxe na estación Ourense-Empalme, pero continuará a realizar probas nesta nova infraestrutura ferroviaria que conectará a 10 millóns de habitantes de Galicia, Castilla y León e Madrid.
Os socialistas ourensáns celebran este “fito histórico” que permitirá cumprir os prazos anunciados, coa posta en servizo comercial a finais deste ano, e salientan que as novas infraestruturas ferroviarias “avanzan grazas aos gobernos do PSOE e retroceden cos gobernos do PP”. “Durante o mandato de Mariano Rajoy, o PP pisoteou e esmagou o AVE a Galicia, paralizando obras e tapiando túneles,tal e como confirmou o Tribunal de Contas, con Feijóo, Baltar e Jácome calados e aplaudindo aquel desleixo monumental”, insisten.
O PSdeG-PSOE conclúe sinalando que “o investimento millonario para obras, probas e material rodante está a ser inédito” con este executivo, xa que as infraestruturas ferroviarias clave da terceira cidade de Galicia como a nova liña de alta velocidade, o tramo final Taboadela-Ourense (variante exterior) ou a estación da capital “avanzan imparables” logo de “lustros no caixón das vergonzas dos conservadores”.