GOBERNO ESTATAL INFRAESTRUCTURAS

O bulevar termal de Ourense poderá ser realidade grazas ao pulo do Goberno central á variante norte

PEDRO SÁNCHEZ DA O PASO CLAVE QUE PERMITIRÁ IMPULSAR O BULEVAR TERMAL DE OURENSE QUE IDEOU O ÚLTIMO GOBERNO SOCIALISTA DA CIDADE

O bulevar termal permitirá transformar a actual vía rápida que transcorre paralela ao río Miño entre Eirasvedras e antiga estación de autobuses nun gran paseo axardinado

Desde o PSdeG-PSOE estamos a traballar para facer realidade este gran proxecto ideado polo último goberno municipal do PSOE que mudaría por completo as beiras do río Miño e o Ourense termal

Ourense, 8 de setembro de 2021. O Goberno de Pedro Sánchez vén de impulsar definitivamente a variante norte de Ourense, tralo “ninguneo e desprezo” a que esta obra “de vital importancia” para a terceira cidade de Galicia foi sometida polos executivos do PP. Esta infraestrutura é un tramo “clave” de “vital importancia” para Ourense xa que, trala súa execución, permitirá liberar o trazado da N-120 desde o acceso norte á autovía A-52, con fin de converter esta estrada no ansiado bulevar termal que deseñou o PSdeG-PSOE no goberno socialista da capital entre 2007 e 2015.

O bulevar termal do Miño en vídeo

O bulevar termal permitirá transformar a actual vía rápida que transcorre paralela ao río Miño entre Eirasvedras e antiga estación de autobuses, nun gran paseo peonil axardinado con espazo propio para o tránsito de bicicletas; novos parques e zonas de esparexemento; estacionamentos para dar servizo ás termas e un espazo para a circulación restrinxida e a modiño de turismos.

Desde o PSdeG-PSOE de Ourense estamos a traballar activamente para que facer realidade este gran proxecto, que mudará por completo as beiras do río Miño e que dará un pulo importantísimo á oferta termal da terceira cidade de Galicia.