GOBERNO ESTATAL INFRAESTRUCTURAS

Consulta aquí os horarios do AVE a Galicia

Madrid/Ourense, 22 de novembro de 2021. O Goberno central presidido por Pedro Sánchez culminou as obras da nova liña de alta velocidade ferroviaria entre Madrid e Ourense.

Tras este fito, Renfe pon á venda os billetes para os novos trens que operarán pola liña a partir do próximo día 21 de decembro. Farao cunha gran promoción na que poñerá á venda 250.000 billetes a un prezo de 15 euros, independentemente da orixe e o destino e en trens AVE e Alvia.

A campaña arrincará o 23 de novembro e prolongarase durante dúas semanas. Estes billetes poderanse adquirir para viaxar entre o 21 de decembro de 2021 e o 12 de setembro de 2022.

Estes son os horarios dos servizos que operarán ata o segundo semestre de 2022, cando chegarán a Galicia os novos trens Avril, actualmente en fabricación, o que permitirán reducir máis os tempos de viaxe e aumentar as frecuencias.