Deputación de Ourense INICIATIVAS

O PSdeG-PSOE denuncia que Baltar torpedea unha liña directa de alta velocidade entre Vigo e Ourense

O PSDEG-PSOE DENUNCIA QUE O PARTIDO POPULAR TORPEDEA A CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA LIÑA DIRECTA FERROVIARIA DE ALTA VELOCIDADE ENTRE OURENSE E VIGO

Villarino defendeu que a opción Mondariz permitiría realizar a viaxe a Vigo en menos de media hora e a Pontevedra nuns 40 minutos. “Teríamos mellores tempos e sería máis económica”, incidiu

Baltar, a tránsfuga Montse Lama e o partido de Jácome impediron que a Deputación de Ourense condene públicamente discursos negacionistas contra a violencia machista

Ourense, 26 de novembro de 2021. O PSdeG-PSOE denuncia que o PP “torpedea” e “boicotea” a construción dunha nova liña ferroviaria de alta velocidade entre Ourense e Vigo, “atacando bochornosamente o futuro de Ourense e do sur de Galicia”, logo de tombar no pleno da Deputación a moción socialista que reclamaba ao Ministerio de Transportes un estudo informativo sobre esta infraestrutura con “tempos competitivos” e cun trazado “o máis directo posible”. A moción tamén instaba á institución a manifestarse publicamente en favor desta necesaria obra.

Os e as socialistas ourensáns mantiveron, a comezos de novembro, un encontro con representantes da plataforma de defensa desta liña. Tralo encontro concluíron que “esta opción é a única alternativa óptima” porque asegura “a mellor conectividade”. O voceiro, Rafa Villarino, pediu hoxe aos conservadores que “non destrúan, non parasiten e non copien iniciativas”, ante a emenda de substitución do PP que “perverte” a iniciativa, antes de reclamar aos populares “evitar descualificacións persoais” e “pórse a traballar centrando o foco neste tema”, porque estamos ante actuacións que “permitirán impulsar o futuro de Ourense”.

Villarino durante o pleno de novembro

O voceiro recordou aos conservadores que a variante de Cerdedo “deixou de ser competitiva”, como recoñeceron os seus propios impulsores, ao mesmo tempo que salientou que “non existe nin estudo informativo nin algún outro traballo técnico preceptivo en vigor para Cerdedo”. Villarino defendeu que a opción Mondariz permitiría realizar a viaxe a Vigo en menos de media hora e a Pontevedra nuns 40 minutos. “Teríamos mellores tempos e sería máis económica ao aproveitar a saída sur de Vigo, actualmente en tramitación, e tamén permitiría rebaixar os tempos a Madrid e o resto de España”, incidiu.

“É a única alternativa que reduce a distancia quilométrica cun custe económico estándar”, insistiron os socialistas durante a sesión plenaria. “Esta opción tamén posibilitaría unir Madrid e Vigo nunhas 2 horas e 45 minutos, fronte ás 3 horas e 50 minutos que os trens do modelo Avril precisarán a partir do segundo semestre de 2022, ao ter que circular obrigatoriamente polo rodeo de Santiago”.