POLÍTICA PROVINCIAL

O Goberno de Sánchez investirá 19 millóns na Limia para mellorar regadíos e sector primario

O GOBERNO ANUNCIA O “INVESTIMENTO HISTÓRICO” DE MÁIS DE 19 MILLÓNS PARA MELLORAR O REGADÍO DOS CULTIVOS DA LIMIA E MODERNIZAR O SECTOR PRIMARIO

  • José Miñones e o presidente da Sociedade Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias (SEIASA), Francisco Rodríguez Mulero, destacan que o proxecto de mellora para o aproveitamento do regadío en 42 pozos da comarca da Limia mellorará a eficiencia hídrica e enerxética dos cultivos
  • Avanza que a este investimento se sumarán 12 millóns de euros máis que o Ministerio de Agricultura achegará para a limpeza das canles da Limia e dos camiños, co obxectivo de mellorar a xestión e reducir a afección medioambiental

A Coruña, 8 de marzo de 2022. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o presidente da Sociedade Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias (SEIASA), Francisco Rodríguez Mulero, anunciaron este martes o “investimento histórico para Galicia” de máis de 19 millóns de euros para modernizar os regadíos da comarca da Limia con cargo á Fase II do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Nun encontro coas comunidades de regantes da Limia celebrado la Delegación do Goberno, José Miñones cualificou esta mellora como un proxecto “de vital  importancia para o sector primario” de Galicia e, en especial, da provincia de Ourense. O delegado avanzou ademais que a este investimento sumaranse 12 millóns de euros mais que o Ministerio de Agricultura achegará para a limpeza das canles da Limia e dos camiños, co obxectivo de mellorar a xestión e reducir a afección medioambiental.

José Miñones e Francisco Rodríguez Mulero mantiveron hoxe unha primeira reunión técnica coas comunidades de regantes da Limia (Ourense) preseleccionadas para modernizar os seus regadíos con cargo á Fase II do Plan de Recuperación. Ao encontro acudiron tamén o subdelegado en Ourense, Emilio González; o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga Díaz; e o conselleiro  do Medio Rural, José González Vázquez. “Estamos a falar dun investimento de mais de 19M€ con ive incluído e que será financiado nun 80% polo Ministerio de Agricultura, e nun 20% polas comunidades de regantes”, detallou José Miñones. O delegado destacou que este “investimento histórico” servirá para mellorar o aproveitamento para o regadío de 42 captacións de auga subterránea, e “apoiar así aos produtores desta importante zona de cultivo en Galicia”.

“E este investimento chega á Limia a través do Plan de Recuperación e Transformación, e a modo de oportunidade única”, subliñou o delegado. “Queda amosado que para nós o sector primario é clave e actuacións como esta veñen a impulsar a súa competitividade, á vez que contribúen a fixar poboación nos concellos do rural”.

Os participantes na reunión analizaron oproxecto, que foipreseleccionado para a súa execución por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través de  SEIASA, con cargo aos fondos da Fase II do Plan para a mellora da eficiencia e a sustentabilidade en regadíos do Plan de Recuperación.

Eficiencia hídrica e enerxética

Este proxecto ten un orzamento aproximado de 15,9 millóns de euros (IVE non incluído) e afecta as comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia,  Corno  do Monte e San Salvador de  Sabucedo, todas elas na rexión da Limia. O seu obxectivo é a mellora da  eficiencia hídrica e enerxética destes regadíos, incluíndo a construción de instalacións solares fotovoltaicas de autoconsumo, en concordancia  cos requirimentos para a aplicación dos fondos europeos  Next  Generation.

O delegado do Goberno fixo fincapé no  esforzo inversor que está a realizar o Goberno de España. Neste sentido, avanzou que o Ministerio de Agricultura aportará 12 millóns de euros máis, para a limpeza das canles de A Limia e dos camiños, co obxectivo de mellorar a xestión e reducir a afección medioambiental.