Executiva municipal de Ourense Política municipal

A executiva municipal de Ourense organiza unha charla co gallo do 14 de abril

A COMISIÓN EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE ORGANIZA UNHA CHARLA BAIXO O LEMA “A REPÚBLICA NO ADN SOCIALISTA” PARA CONMEMORAR O VINDEIRO 14 DE ABRIL

O acto terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, mañá mércores ás 20 horas e contará coas intervencións de Xose Lois Carrión, David Simón e o coordinador provincial de Xuventudes, Brais González

A CEM adhírese este ano ó acto de conmemoración das vítimas represaliadas que realizará a asociación “Amigos da República”, o vindeiro 24 de abril no cemiterio de San Francisco

Ourense, 12 de abril de 2022. A comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense organiza unha charla baixo o lema “A República no ADN socialista” co gallo do Día da República que se celebra o vindeiro xoves, 14 de abril.

O acto, organizado pola executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense, terá lugar no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel mañá mércores, 13 de abril, ás 20 horas e contará coas intervencións de Xose Lois Carrión, secretario de memoria histórica e dereitos humanos da CEM;  David Simón, especialista en temas relacionados con memoria histórica e o coordinador provincial de Xuventudes Socialistas, Brais González.

Dende a executiva manifestan que “é de xustiza que desde o PSOE lembremos e rendamos homenaxe a todos os homes e mulleres socialistas e a todas as persoas antifascistas que impulsaron aquela democracia, e que posteriormente, sufriron por iso a represión franquista e ata perderon a súa propia vida por defender a liberdade”.

A República, sustentada pola alianza de republicanos e socialistas, tentou dar resposta aos principais problemas que habían lastrado e atrasado a evolución do noso país. Polo tanto, a República acompaña na historia ao Partido Socialista e certamente está no ADN de tódolos/as socialistas da nosa nación.

Apoio ao homenaxe de Amigos da República no cemiterio de San Francisco

A CEM adhírese ao acto de conmemoración das vítimas represaliadas que realizará a asociación “Amigos da República” o vindeiro 24 de abril no cemiterio de San Francisco.