O PSDEG-PSOE CELEBARÁ ‘CONMEMORA’, A PRIMEIRA XUNTAZA PROVINCIAL DO SOCIALISMO OURENSÁN, O 24 DE ABRIL NA PEROXA BAIXO O LEMA “OLLADAS DE FUTURO EN TEMPOS COMPLEXOS”
Haberá intervencións da exministra, María Luis Carcedo; de Valentín González Formoso; do presidente da Cámara de Chaves; de Rafa Villarino; do voceiro na Peroxa e dun representante do pobo ucraíno
Durante o acto procederase á entrega dos premios ‘ConMemora’ ao compromiso político, á solidariedade, á igualdade, á sustentabilidade e á cooperación internacional
Ourense, 14 de abril de 2022. O PSdeG-PSOE celebrará a primeira xuntanza provincial do socialismo ‘ConMemora’ –que alude ás orixes do socialismo en Ourense– o vindeiro 24 de abril na Peroxa, baixo o lema “olladas de futuro en tempos complexos”. Previamente a esta xornada, tamén terá lugar unha reunión da Executiva Provincial no auditorio deste municipio ourensán.
‘ConMemora’ contará coas intervencións da exministra de Sanidade e actual presidenta da Fundación Pablo Iglesias, María Luis Carcedo; do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; do presidente da Cámara de Chaves, Nuno Vaz; de Roman Minsko, representante do colectivo de refuxiados de Ucrania; do voceiro socialista na Peroxa, Antonio González Fiuza e do secretario provincial do PSdeG-PSOE, Rafa Villarino.
Durante o acto procederase á entrega dos premios ‘ConMemora’ ao compromiso político, á solidariedade, á igualdade, á sustentabilidade e á cooperación internacional. Tamén se formalizará o irmandamento co socialismo de Portugal e se impulsará un recoñecemento ao pobo ucraíno.
Premios acordados unanimemente
Continuando coa filosofía de achegar o Partido Socialista de Ourense ao territorio, a última reunión da Comisión Executiva Provincial desprazouse ata O Carballiño, onde foi recibida polo alcalde, Francisco Fumega, nun acto ao que tamén asistiron representantes socialistas desta bisbarra.


Entre os asuntos tratados sobresaíu á organización desta primeira edición de ‘ConMemora’ que, a partir de agora, terá carácter anual. Tralas análises grupais, a executiva concluíu unanimemente as persoas a premiar, nomes que serán dados a coñecer publicamente no acto da Peroxa.