O PSDEG-PSOE DE CARTELLE DENUNCIA O “DEPLORABLE” ESTADO NO QUE SE ATOPA UNHA FONTE MUNICIPAL EN VILLAR DE VACAS, ABSORBIDA POLA MALEZA E CO PP MIRANDO PARA OUTRO LADO
Os socialistas sinalan que “gracias a que nos movemos, percorremos o municipio e denunciamos a situación o goberno local decide actuar, xa que as reclamacións da veciñanza non fan máis que ignoralas”
O voceiro do PSdeG-PSOE, Jesús Pereiras, destaca que a situación “é insostible” e relata que a veciñanza “xa está farta de queixarse e que ninguén atenda as súas demandas”
Cartelle, 29 de abril de 2022. O PSdeG-PSOE de Cartelle denuncia un novo episodio de “abandono total” no patrimonio municipal, neste caso nunha fonte en Villar de Vacas, que se atopa totalmente “impracticable” e cuberta de maleza, impedindo o seu uso por parte da veciñanza. Os socialistas critican o “desleixo” do alcalde Jaime Sousa e do seu equipo de goberno do Partido Popular, xa que tal e como apuntan “temos que ser os socialistas os que impulsemos as melloras e limpezas dos bens patrimoniais, ante a deixadez total dun rexedor ao que a veciñanza e as súas reclamacións non lle importan nada”.
Dende o grupo municipal socialista apuntan a que o caso “é máis grave do que parece”, xa que tal e como relatan, dita fonte atópase a carón da casa da tenente de alcaldesa, motivo polo que alegan que “senón arranxan unha fonte que ven todos os días e que se atopa nun estado lamentable, é normal que ignoren os problemas de cada recuncho do municipio”. Neste senso, os socialistas sinalan o “enfado” da veciñanza polo abandono ao que se ven sometidos por parte do goberno local do PP e esixen “solucións urxentes” para darlle un lavado de cara ao municipio.


O PSdeG-PSOE de Cartelle subliña que a situación desta fonte en Villar de Vacas “é deplorable, cun pilón que nin se ve, nin se sabe ni onde está e cun acceso impracticable a causa da maleza”. Os socialistas apuntan que a veciñanza “leva tempo reclamando solucións para dita fonte, pero tanto o señor Sousa, coma a señora Leyte fan oídos xordos a ditas suxestións e optan por seguir ignorando a realidade de Cartelle, que non é outra que o abandono total”.
O voceiro do PSdeG-PSOE no municipio, Jesús Pereiras Vázquez, destaca que “senón fora polo noso traballo e polo tempo que dedicamos a percorrer os límites municipais, Cartelle sería a día de hoxe unha selva intansitable”. O edil socialista lembra que fai un ano e gracias a unha moción do PSOE “o goberno municipal procedeu a limpeza e posta en valor das fontes e lavadoiros municipais, ademais de limpar camiños e estradas que se atopaban nunha situación dantesca”. Neste senso, tamén apunta a que “senón non chegamos a movernos, a maleza hoxe entraría polas casas da veciñanza”.
Para Pereiras Vázquez a situación “é insostible” e relata que a veciñanza “xa está farta de queixarse e que ninguén atenda as súas demandas”. O concelleiro socialista considera que o Concello “debe pórse a traballar de xeito inmediato para rematar co abandono” nun municipio onde cada día “hai máis queixas da veciñanza por mor do abandono do patrimonio e porque os camiños e estradas se atopan invadidos pola maleza”.