Denuncias Deputación de Ourense

Preguntamos a Baltar por que gastou decenas de miles de euros nunha revista na que sae a empresa da súa esposa

Ourense, 29 de abril de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense preguntou a Manuel Baltar durante o pleno ordinario de abril, por que gastou decenas de miles de euros públicos da Deputación Provincial nunha revista na que sae unha reportaxe da empresa da súa esposa e exdeputada do PP no Parlamento de Galicia, María Josefa Caldelas.


Estas foron as preguntas dos e das socialistas:

  1. Por que gastou a Deputación de Ourense 17.000 euros públicos en comprar centos de exemplares da revista Coralia, en concreto, un número desta revista que no momento de redactar esta pregunta non está a venda nin na páxina web nin en ningún kiosko dos consultados?
  2. Considera adecuado o presidente da Deputación pagar 35 euros públicos para cada exemplar da revista? En base a que se pagou ese prezo por unidade?
  3. Cal é a relación do presidente da Deputación de Ourense coa empresa La Central Heladera?
  4. Ten algo que ver nesta compra masiva de revistas, que a única reportaxe dedicada exclusivamente a unha empresa da provincia e incluida nese número de Coralia, sexa unha reportaxe da empresa ourensá La Central Heladera, un negocio familiar do presidente da Deputación de Ourense que xestiona a súa esposa e exdeputada do PP, María Josefa Caldelas?