Denuncias Deputación de Ourense

Baltar, Jácome e a tránsfuga Lama, en contra de baixar os prezos do combustible e da factura da luz

O PSDEG-PSOE DENUNCIA QUE BALTAR, DO E A TRÁNSFUGA LAMA “PISOTEAN” CO SEU “SECTARISMO” ÁS FAMILIAS E ÁS EMPRESAS EN CRISE AO VOTAR EN CONTRA DUN PLAN DE AXUDAS ANTE A GUERRA

Para “mellorar e enriquecer” o necesario plan, os e as socialistas retiraron a moción rexistrada e presentaron unha nova de urxencia, incluíndo  as propostas do PP, pero os conservadores votaron non

Villarino dixo que esta proposta “melloraba” a rexistrada anterior “para sumar e axudar a todos os ourensáns”, xa que incluía as propostas da emenda do PP porque estamos aquí para sumar e non para apropiarnos de iniciativas doutras persoas”

Ourense, 29 de abril de 2022. O PSdeG-PSOE denuncia que Manuel Baltar, o PP e os seus socios na Deputación de Ourense –Democracia Ourensana e a tránsfuga, Montse Lama– veñen de votar en contra  dun amplo plan de medidas de resposta ante a crise económica e social provocada pola invasión de Ucraína, ordenada por Vladimir Putin. “Este ataque inaudito contra a provincia, a súa veciñanza e contra todo o Estado executado polos conservadores é indignante pois, co seu sectarismo, están a pisotear ás persoas e empresas máis vulnerables e afectadas”, denuncia o PSOE.

Para “mellorar e enriquecer” a súa proposta, o PSdeG-PSOE decidiu retirar a moción inicial, rexistrada hai dúas semanas, na que se solicitaba a Deputación, Xunta e Goberno central unha batería de medidas para facer fronte á crise e presentar unha moción de urxencia “totalmente actualizada e ampliada” con máis medidas. Esta nova e necesaria iniciativa, incluía as propostas dos e das socialistas e tamén todos os acordos que o Partido Popular propuxo ao pleno, a través dunha emenda de substitución.

Ademais da batería de accións reclamadas aos gobernos central e autonómico nos ámbitos social, dos transportes ou do medio agrogandeiro, a proposta socialista reclamaba á institución provincial, entre outras medidas, axudas directas para o sector primario e do transporte ourensá por dous millóns, que poda ser ampliada en caso de necesidade, ou un plan enerxético dun millón de euros para axudar aos concellos da provincia, co fin de afrontar os desaxustes derivados do encarecemento de enerxía durante os últimos meses.

O voceiro, Rafa Villarino, dixo que esta proposta “melloraba notoriamente” a rexistrada anterior “para sumar e axudar a todos os ourensáns”, xa que incluía as propostas da emenda do PP. “Nós estamos aquí para sumar e non para apropiarnos de iniciativas doutras persoas ou formacións políticas, así que, se vostedes queren, esta será unha iniciativa conxunta”, proclamou. Sen embargo, Baltar, DO e a tránsfuga da corporación optaron por bloquear co seu voto o debate “dunhas medidas moi necesarias nun momento moi complicado, logo de dous anos de pandemia”, denuncian desde o PSOE, “tristemente sorprendidos” ante este “desleixo brutal” dos conservadores cos máis vulnerables.

Villarino asegurou que “cómpre actuar de maneira urxente a todos os niveis” e, para iso, ao igual que a UE e o Goberno de Pedro Sánchez “están a adoptar numerosos acordos para facer fronte á inestabilidade”, son “indispensables medidas nos ámbitos autonómicos e provincial, que son os máis próximos aos nosos veciños e veciñas”. “A súa postura é incomprensible”, dixo.

TODAS AS MEDIDAS ÁS QUE PP, DO E LAMA DIXERON NON

  1. Instar á Deputación de Ourense a poñer en marcha as seguintes medidas, para facer fronte á situación de emerxencia derivada da invasión de Ucraína:
  1. Aprobación dun plan enerxético dotado cun 1 millón de euros, para crear un sistema de axudas a concellos ourensáns co fin de afrontar os desaxustes económicos que sofren ou sufrirán polo encarecemento de enerxía.
    1. Creación dunha liña de axudas directas para o sector primario e do transporte, obrigado a facer fronte a un maior gasto económico relacionado co abrupto encarecemento da enerxía, o combustible e determinadas materias primas, dotado inicialmente con 2 millóns de euros, pero que podería ser ampliado en caso de necesidade.
    1. Habilitar unha partida económica que permita actualizar os prezos das obras en execución ou licitación da propia institución provincial ou dos concellos de Ourense, para compensar así a subida de prezos debido á situación de encarecemento das materias primas e combustibles.
    1. Establecemento dun sistema de coordinación e colaboración dos labores de axuda ofrecida polas entidades locais da provincia á poboación de Ucraína.
  2. Instar á Xunta de Galicia a poñer en marcha as seguintes medidas, para facer fronte á situación de emerxencia derivada da invasión de Ucraína:
  • Aprobar un plan social de axudas ás familias máis vulnerables, que permita triplicar o financiamento do bono social eléctrico.
    • Reformulación da Tarxeta Básica para incorporar a persoas refuxiadas.
    • Plan autonómico de axudas directas aos autónomos e profesionais, co fin de compensar o aumento de custes do transporte.
    • Redución no tramo autonómico do IRPF.
    • Habilitar un fondo de avais e de liquidez que garanta a viabilidade de empresas afectadas polo peche de mercados en Rusia e Ucraína. Rebaixa real nas taxas da ITV.
    • Impulso lexislativo para determinar, por parte da Xunta de Galicia, os proxectos estratéxicos dirixidos a elevar a autosuficiencia enerxética.
    • Aprobar a habilitación legal correspondente, en aplicación do decreto do 30 de marzo de 2022, para que as entidades locais da provincia de Ourense poidan habilitar unha partida co fin de actualizar os prezos das obras en execución ou licitación, compensando así a subida de prezos debido á situación de encarecemento das materias primas e combustibles.
    • Analizar, xunto cos sectores máis afectados palas consecuencias da invasión de Ucraína (transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandeiría, turismo…) e, en coordinación coas políticas que ao efecto se impulsen pola Unión Europea e polo Goberno de España, a poñer en marcha aquelas medidas necesarias, no ámbito das súas competencias, coa finalidade de mitigar a situación pola que atravesan os mencionados sectores. En particular, impulsar e executar as medidas incluídas no plan de choque elaborado pola Xunta de Galicia, en concreto:
  1. Activar o Bono Social Térmico para axudar aos fogares en situación de vulnerabilidade a afrontar os gastos de calefacción, auga quente e cociña, o do complemento autonómico de 100 euros aprobado no Consello do pasado xoves, 30 de marzo.
    1. Reforzar as medidas activas no plan de aforro enerxético para as familias, solicitando ao goberno fondos para duplicar o impulso do autoconsumo eléctrico e as renovables térmicas nos fogares galegas (calefacción e auga quente).
    1. Ampliar o programa Renove Automoción para seguir fomentando a compra de vehículos eficientes.
    1. Axudar a pequenas e medianas empresas, cunha nova liña de avais de IGAPE-SGR destinada a cubrir as necesidades de liquidez, e a realizar investimentos en elementos produtivos que axuden a facer fronte á actual situación.
    1. Desenvolver un programa de préstamos directos do IGAPE para a industria manufactureira que está a sufrir un maior impacto, así como habilitar os mecanismos necesarios para flexibilizar a devolución dos préstamos e avais directos da Xunta.
    1. Activar o Bono Enerxía PEME, dirixido a comercios, hostalería e pequenas e medianas empresas para equipos que reduzan o consumo enerxético.
    1. Activar o bono Turístico como efecto dinamizador do consumo interno e axilizar as axudas para a dixitalización e eficiencia enerxética neste ámbito.
    1. Inxección extraordinaria para blindar o transporte público por estrada fronte á subida dos carburantes. E traballar na extensión deste compromiso ao sector do transporte sanitario urxente e non urxente, sociosanitario e educativo.
    1. Inxectar liquidez ao sector gandeiro pola vía do financiamento de circulante (avais, subsidios de tipo de xuro…) e do anticipo de axudas da PAC.
    1. Crear o Observatorio da cadea alimentaria galega como organismo emisor de informes sobre a situación económica dos diferentes ámbitos do sector primario galega.
    1. Crear a Axencia de Información e Control Alimentario de Galicia para dar cumprimento ás abrigas da Lei da cadea alimentaria, singularmente a prohibición da venda a perdas.
  • Instar ao Goberno de España a adoptar as seguintes medidas, para facer fronte á situación de emerxencia derivada da invasión de Ucraína:
  • Aprobar, da man da UE, un cambio na regulación do mercado eléctrico para toda a península ibérica, que faga posible desvincular o prezo da enerxía eléctrica dos prezos do gas, facendo posible unha rebaixa significativa do custe final.
    • Que faga efectivo o compromiso asumido na declaración pactada na Conferencia de Presidentes celebrada o domingo 13 de marzo de 2022 e poña en marcha as medidas urxentes necesarias para minimizar as consecuencias socioeconómicas nas empresas e nos cidadáns tras a invasión de Ucraína e, entre elas, as seguintes:
  • Baixada dos impostos que gravan a electricidade, o gas, a gasolina e gasóleo. En particular:
  1. Reducir o Imposto Especial aos Hidrocarburos contemplado no artigo 50 da Lei 38/1992 , do 28 de decembro, de Impostos Especiais, aos niveis mínimos de imposición aplicables aos carburantes, apuntados no Anexo 1 da Directiva 2003/96/CE do Consello do 27 de outubro de 2003, de maneira provisional e en tanto persista a excepcional situación de prezos.
    1. Aplicar un tipo impositivo súper reducido do 4% do IVE á subministración de gas natural.
    1. Instar á Comisión Europea á modificación da Directiva 2006/112/CE do Consello, do 28 de novembro de 2006, relativa ao sistema común do Imposto sobre o Valor Engadido, para que contemple a aplicación dun tipo impositivo reducido aos carburantes de automoción, así como a suspensión dos tipos mínimos do Imposto Especial de Hidrocarburos establecidos na 2003/96/CE do Consello, do 27 de outubro de 2003, de maneira provisional e en tanto persista a excepcional situación de prezos.
    1. Estender as medidas fiscais adoptadas polo Goberno para mitigar a escalada da factura eléctrica ata o 31 de decembro de 2022 e incrementar a redución temporal do IVE para que pase do 10% ao 4%.
  • Medidas específicas para os sectores máis afectados: transporte, industrias electrointensivas, pesca, agrogandeiría e turismo. Incluída a exención temporal das cotizacións á Seguridade Social para alixeirar a carga que están a padecer estes sectores.
    • Apostar por unha transición enerxética planificada, proporcional e xusta.
    • Reverter o incremento xeneralizado de impostos, especialmente das decenas de impostos que o Goberno central incrementou durante o período 2011-2018 segundo recollen as memorias anuais da Axencia Tributaria, descartando a implantación de peaxes nas autovías que suporían novas cargas para as familias e sectores produtivos esenciais.
    • Impulsar un plan nacional de produtos estratéxicos para garantir a subministración de produtos básicos á poboación e no que se priorice a produción no mercado interior para afondar de maneira máis ordenada posible a carencia de materias primas e compoñentes.
    • Intensificar a flexibilización da normativa de contratación pública vixente, axilizando os procesos de contratación levados a cabo polas administracións públicas evitando trabas e custos desproporcionados .
    • Aplicar unha cogobernanza real dos fondos de recuperación Next Generation coas Comunidades Autónomas e axilizar a súa execución mediante criterios de selección xustos e transparentes, dando prioridade ao impulso de PERTEs que se axusten ás necesidades dos sectores claves para Galicia e a súa posta disposición do tecido produtivo.
    • Aplicar as modificacións dos créditos orzamentarios dos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 que resulten necesarias para reducir gasto improdutivo.