A DEPUTACIÓN RECLAMA CREAR EN OURENSE A SEGUNDA FACULTADE DE MEDICINA DE GALICIA, A PESAR DO REXEITAMENTO DO BNG DUNHA DOTACIÓN “CLAVE” PARA A SANIDADE PÚBLICA
Lama salientou que permitiría impulsar a mellora da sanidade galega e a vertebración territorial do interior de Galicia, evitando “desputas localistas” que agravan un “problema de cobertura de prazas”
Ourense, 27 de xuño de 2022. A Deputación Provincial vén de reclamar a creación en Ourense da segunda facultade de Medicina de Galicia, co fin de impulsar a mellora da sanidade pública e a vertebración territorial do interior da nosa comunidade, co “único e sorprendente rexeitamento do BNG” deste centro docente ao non votar a favor e negar a súa necesidade, baixo o argumento de que supón “desviar a atención das prioridades”, a pesar do “problema de cobertura e reposición de prazas”.
A iniciativa aprobada pola Deputación reclama “instar á Xunta á creación en Ourense, na contorna do Hospital Universitario do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) da segunda facultade de Medicina, co fin de incrementar o número de profesionais formados na nosa comunidade para facer posible, xunto co aumento de prazas MIR, dunha mellor planificación e cobertura das necesidades de persoal” actuais e futuras.
Tamén pide instar ás institucións do Sistema Universitario de Galicia a “evitar disputas innecesarias sobre a creación dunha segunda facultade”, optando por “establecer este necesario centro na contorna do CHUO”. Así mesmo reclama á Deputación “defender e participar, mediante a colaboración económica ou patrimonial que sexa necesaria, a creación da segunda facultade de Medicina”, xa que parte deses terreos son patrimonio desta institución.

A vicevoceira, Elvira Lama, denunciou que, desde hai anos, “a administración vese obrigada a usar procedementos extraordinarios de contratación para poder dotar de persoal a servizos e especialidades”, antes de recordar que Galicia é a terceira peor comunidade en ratio de médicos e médicas. “A única facultade galega leva anos saturada sen que ninguén poña remedio a este problema por culpa de disputas localistas”, recordou.
Galicia tamén é a comunidade con peor ratio de facultades, xa que pesar de ser a quinta rexión máis poboada de España, só ten un centro. Outras comunidades menos poboadas como Castela e León (2,2 millóns), Canarias (2,2 millóns) ou) Aragón (1,3 millóns) contan con, a lo menos, dúas facultades cada unha. Incluso Navarra, con só 600.000 habitantes, ten tres facultades.
A vicevoceira tamén reprochou ao PP presumir de “votar a favor para evitar titulares negativos”, algo que recoñeceu directamente o vicepresidente da institución. Igualmente recordou que a directora xeral de Recursos Humanos de Sanidade declarou recentemente nos medios que “faltan médicos” porque “formamos a máis residentes que prazas de Medicina hai en Galicia”, algo que “contradí o argumentario de PP, DO e BNG, negando a relación entre a falta de médicos e a necesidade de incrementar as prazas universitarias”.
“Esta ubicación evitaría pelexas que prexudican a toda Galicia”, insistiron os e as socialistas. De feito, recordaron que en 2015 os reitores das universidades de Vigo e A Coruña renunciaron reclamar unha facultade propia a cambio de que Santiago descentralizase a docencia clínica. “Sete anos despois, queda claro que esta solución non é óptima, xa que os problemas de cobertura cada vez son peores e a facultade compostelana segue saturada”, aseverou Lama.