A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DENUNCIA UN NOVO DESPREZO DO PARTIDO POPULAR Á CIDADE DE OURENSE, TRALAS DECLARACIÓNS DE PAULA PRADO, SOBRE A CHEGADA DO AVE
Dende o PSdeG-PSOE de Ourense e a súa Agrupación Municipal denuncian a “política vacía” da Xunta de Galicia de Feijóo e Rueda que agora defenden uns “segundóns” e o Concello de Ourense
A Secretaria Xeral, Natalia González, subliñou que “ante a falta de liderazgo institucional é imprescindible acadar converxencias entre todas as forzas políticas, goberne quen goberne, para defender os intereses da cidade, na última oportunidade de mellora do proxecto da nova estación”
Ourense, 29 de xuño de 2022. A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense denuncia un novo desprezo do Partido Popular á cidade das Burgas, tralas declaracións da súa Secretaria Xeral, Paula Prado, sobre a chegada do AVE. Os socialistas considéranas un “insulto e menosprezo” á cidadanía e “unha mostra máis do desleixo da Xunta de Galicia coa nosa cidade”. Tal e como levan amosado dende a paralización na licitación da chegada do AVE a Ourense con Ana Pastor, o cambio no proxecto da estación intermodal con Jesús Vázquez na Alcaldía de Ourense e Rajoy na Moncloa e o “pendello” da estación de autobuses de Ethel Vázquez e Alberto Núñez Feijoo.
Dende o PSdeG-PSOE de Ourense e a súa Agrupación Municipal denuncian a “política vacía” da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense e “loitarán cada día porque Ourense sexa, como xa o é, a porta de entrada do AVE a Galicia”, cunha estación intermodal “digna e de calidade”, que conte cunha “conectividade ferroviaria e frecuencias acordes coa terceira cidade de Galicia”, defendendo os intereses da nosa cidade e a súa veciñanza, goberne quen goberne en Santiago e Madrid.

Pacto de todas as forzas políticas pola integración ferroviaria
Dende o PSdeG-PSOE de Ourense propoñen un pacto de todas as forzas políticas para loitar por un mellor proxecto de estación do AVE para Ourense e defenden o compromiso inequívoco do actual Goberno de Pedro Sánchez para a chegada definitiva da Alta Velocidade a Ourense e tamén o “seu esforzo inversor e de licitación” coa construción da Variante Exterior. Así mesmo, lamentan que “as alegacións para a mellora do actual proxecto de estación foran rexeitadas íntegramente”.
Os socialistas e as socialistas cren que Ourense “merece un proxecto mellor” que o que existe na actualidade e entenden que é “un momento clave” para deixar atrás as diferencias políticas e poñerse ao lado da cidadanía, ante o gran proxecto desta cidade no s.XXI, “unha oportunidade que hai que pelexar diante de todas as administración” afirman os dende a CEM socialista.
Os momentos clave na chegada do AVE a Ourense
É imprescindible ter en conta os “momentos claves” na chegada do AVE á nosa cidade os cales nos levaron ao punto de inflexión no que estamos agora: coa aprobación do Estudio Informativo para a construción da Estación Intermodal de Ourense e coa licitación e adxudicación das obras de construción da Variante Exterior para a integración urbana da Alta Velocidade en Ourense.
No ano 2005, trala presentación do Proxecto para a Chegada do AVE a Ourense por parte de Feijóo, Baltar e Cabezas, as socialistas e os socialistas defenderon que se mudase un proxecto que partiría a cidade en dous e continuaría a fenda existente, conseguindo no ano 2008 o compromiso de execución da variante exterior, grazas ao goberno do PSOE-BNG no Concello de Ourense que liderou ante Fomento a petición da súa construción e que liberaría o actual corredor ferroviario, non rompería en dúas a cidade, e que requiría tamén “un incremento exponencial da inversión do Estado en Ourense”.
O impulso do bipartito PSOE-BNG á fronte do Goberno de Ourense acadou que o Ministerio de Fomento convocara un concurso público para a construción da futura estación do AVE no que o propio Concello marcaba as claves para a integración ferroviaria tendo en conta a singularidade dos barrios no que se ubica, e tamén acadando un aumento da inversión, inicialmente descartada, para a construción da mesma.
“Un proxecto solvente cun investimento á altura da nosa cidade”, que leva a ser “boicoteado” dende antes do seu inicio polo Partido Popular. A decisión política tralo cambio de goberno do Estado levou a que se recurtara no orzamento previsto para o futuro proxecto da estación e se deixara a un lado a Variante Exterior para volver a unha chegada provisional polo medio da cidade (igual que en 2005 propoñía o PP) tal e como se pode observar no informe solicitado por Ana Pastor (PP) para recortar investimentos na chegada do AVE a Ourense.
Por outra banda, asínase un convenio para a integración do AVE en Ourense entre Rajoy, Feijóo e Jesús Vázquez, no que desaparece o proxecto de estación gañador do concurso. Un puzzle sen sentido que só busca un obxectivo: desbotar un proxecto de maior calidade, cun maior investimento, polo mero feito de ser o “proxecto do PSOE”, pero causando un dano case irreversible á cidade e aos barrios de A Ponte e O Vinteún.
Os socialistas e as socialistas, apoiados por compañeiras e compañeiros de outras formacións políticas, colectivos e cidadanía rexeitamos este novo proxecto e presentamos alegacións perante o Ministerio de Fomento ao Estudo Informativo (finalmente rexeitadas) co fin de reformular o proxecto, recuperando na medida do posible o de 2011 e sen que isto tivera que supoñer demoras na chegada da Alta Velocidade, o cal era e é totalmente factible.
Neste momento, e ante a falta de liderazgo político e institucional, a secretaria xeral do PSOE ourensán, Natalia González, considera que “é imprescindible non esquecer todo o sucedido pero sí “acadar converxencias” entre todas as forzas políticas para defender os intereses da cidade, ante a última oportunidade que seguramente teremos para mellorar o proxecto da nova estación do AVE de Ourense”.