O PSDEG-PSOE DE OURENSE OBTÉN O RESPALDO NECESARIO PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE ENTRE A RÚA RIBEIRA DE CANEDO E O PASEO FLUVIAL A CARÓN DA PONTE NOVA E REMATAR CO «ABANDONO» QUE VIVE ESTA ZONA DA CIDADE
Rosa Martínez esixiu que “se mude a situación de abandono e desidia que padece esta zona emblemática da cidade” e na que segundo relatou o goberno municipal “no está escoitando as reclamacións veciñais, polo que tivemos que facernos eco dende o PSOE”
Ourense, 1 de xullo de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense tamén recibiu apoios para unha moción na que instaba ao goberno municipal a mellorar a accesibilidade entre a rúa Ribeira de Canedo e o paseo fluvial a carón da Ponte Nova, arranxando, deste xeito, a contorna do río Miño na ribeira pontina. Os e as socialistas criticaron o abandono “sistemático” por parte dos gobernos municipais do PP e DO a unha zona situada a carón dun ben patrimonial “moi importante na nosa cidade” e que se atopa totalmente “esquecida”.
Dende o Grupo Municipal Socialista piden que se acometa de forma “inmediata”, o arranxo das ramplas de acceso a carón da Ponte Nova, na entrada da rúa Ribeira de Canedo, realizando unha restauración total, na que se restauren as varandas metálicas e as travesas de madeira, e actuando sobre a pantalla vexetal esixente, realizando unha limpeza “exhaustiva” e mellorando as condicións de “seguridade, ornato e salubridade” desta infraestrutura de acceso peonil. Neste senso, dende o PSOE ourensán tamén esixen a redacción dun plan especial de protección de infraestruturas e de reforma interior, previo concurso de ideas, que “enxalce a zona a carón da Ponte Nova e tamén da contorna do paseo do río Miño”.
A concelleira do PSdeG-PSOE de Ourense, Rosa Martínez Rodríguez, esixiu que “se mude a situación de abandono e desidia que padece esta zona emblemática da cidade” e na que segundo relatou o goberno municipal “no está escoitando as reclamacións veciñais, polo que tivemos que facernos eco dende o PSOE”. A edil socialista relatou que “atopámonos nun espazo cun estado de abandono considerable e que afecta moi negativamente a salubridade, accesibilidade e protección”.
Rodríguez Martínez tamén afirmou que coa moción “queremos mellorar a accesibilidade, seguridade, que se produza unha limpeza na zona, se suavicen as pendentes e se enxalce e dignifique esta zona do barrio da Ponte”. A concelleira socialistas rematou facendo referencia a Acisclo Manzano e a súa frase na que sinalaba que “non teño un recordo da ponte como ponte de progreso, senón dunha ponte coa que podías gozar do río porque estaba integrada nel”. Neste senso apuntou que “toca integrar esta zona da cidade coa mellora da accesibilidade da rúa Ribeira de Canedo co paseo fluvial do río Miño na ribeira pontina”.