O PSDEG-PSOE IMPULSA A CREACIÓN DA SEGUNDA FACULTADE DE MEDICINA DE GALICIA EN OURENSE, A PESAR DO REXEITAMENTO DO BNG DUNHA DOTACIÓN “CLAVE” PARA A SANIDADE PÚBLICA
Rafa Villarino destacou que esta moción “está plenamente xustificada polo déficit de persoal sanitario en Galicia e Ourense” e recordou que “a única facultade galega leva anos saturada sen que ninguén poña remedio a este problema por culpa de disputas localistas”
Ourense, 1 de xullo de 2022. O PSdeG-PSOE vén de impulsar a creación en Ourense da segunda facultade de Medicina de Galicia, co fin de impulsar a mellora da sanidade pública e a vertebración territorial do interior da nosa comunidade co “sorprendente” rexeitamento do BNG, a este centro docente, tras non votar a favor e negar a súa necesidade, baixo o argumento de que supón “desviar a atención das prioridades”, a pesar do “problema de cobertura e reposición de prazas”.
No relativo a facultade de medicina os e as socialistas tamén piden instar ás institucións do Sistema Universitario de Galicia a “evitar disputas innecesarias sobre a creación dunha segunda facultade”, optando por “establecer este necesario centro na contorna do CHUO”. Así mesmo reclaman ao Concello “defender e participar, mediante a colaboración económica ou patrimonial que sexa necesaria, a creación da segunda facultade de Medicina”, xa que os terreos atópanse na cidade.
O voceiro do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, destacou que esta moción “está plenamente xustificada polo déficit de persoal sanitario en Galicia e Ourense”. Neste senso, tamén puxo de manifesto que o problema co persoal médico “foi recoñecido” pola directora xeral de Recursos Humanos de Sanidade que declarou recentemente nos medios que “faltan médicos” porque “formamos a máis residentes que prazas de Medicina hai en Galicia”. O líder dos socialistas ourensáns destacou que a situación “agravouse por mor da COVID, polo despoboamento que vive a provincia e pola precariedade laboral dos facultativos”.
Rodríguez Villarino amosou a súa “sorpresa” ante a postura de rexeitamento do BNG, tralas palabras do seu voceiro, Luís Seara, nas que sinalou que “non faltan médicos”. O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense apuntou a que a proposta “busca ter máis médicos en Ourense e redundará na mellora da calidade de formación dos médicos que precisan tanto a provincia como Galicia” e recordou que “a única facultade galega leva anos saturada sen que ninguén poña remedio a este problema por culpa de disputas localistas”.

Galicia tamén é a comunidade con peor ratio de facultades de Medicina por millón de habitantes. A pesar de ser a quinta rexión máis poboada, con 2,7 millóns de habitantes, só ten un centro que imparte estes estudos. Outras comunidades menos poboadas como Castela e León (2,2 millóns), Canarias (2,2 millóns), Castela-La Mancha (2 millóns), Murcia (1,5 millóns) ou Aragón (1,3 millóns) contan con, a lo menos, dúas facultades cada unha. Incluso Navarra, con só 600.000 habitantes, ten ata tres facultades.
Unha situación que, segundo os expertos, agravarase nos próximos anos a causa das xubilacións masivas ou do avellentamento. A falta persoal formado en Galicia é tan evidente, que é un problema recoñecido polos directivos da Xunta, sinalan desde o PSdeG-PSOE.