PSOE Socialistas

Antonio Blanco, novo coordinador comarcal dos socialistas de Ourense

ANTONIO BLANCO, NOVO COORDINADOR COMARCAL DOS SOCIALISTAS DE OURENSE

Ourense, 20 de xullo de 2022. Antonio Blanco foi elixido coordinador do PSdeG-PSOE na comarca de Ourense, á que pertencen as agrupacións de Ourense, Allariz, Amoeiro, Barbadás, Esgos, Maceda, Coles, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Xunqueira de Ambía, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.

A elección fíxose pública nunha reunión celebrada este martes coa presenza do secretario de organización da Agrupación Provincial Socialista de Ourense, Diego Alonso, e da secretaria xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense, Natalia González, xunto a voceiros e representantes doutras agrupacións locais da comarca.

Blanco, mestre xubilado, secretario de política institucional da UXT na comarca de Ourense, Verín e O Barco e membro da actual comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Ourense, traballa xa co horizonte das eleccións municipais de 2023 e afronta o reto de “mellorar os resultados, manter e aumentar a representación socialista en todos os concellos, aportando ilusión, honestidade e un proxecto progresista centrado en dar solucións aos problemas da xente no seu día a día”.