O PSDEG-PSOE DE OURENSE ABORDA A NECESIDADE DE RECUPERAR A DESFEITAS NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO E VOLVER A SER CIDADE DE REFERENCIA NO FORO “OURENSE, A CIDADE QUE QUEREMOS”
No encontro, que tivo lugar no Centro Cívico Colón, analizáronse os modelos que se están levando a cabo noutras grandes cidades galegas polas concellerías de Vigo e de A Coruña
“Ourense está a batir récords en cifras de situación de pobreza e desatención de servizos clave como ludoteca e a aula de promoción da saúde e hai una necesidade de revertir o modelo de Jácome” sinalou Natalia González
Ourense, 27 de outubro de 2022. A CEM dos socialistas de Ourense continúa o curso político cos encontros “A CIDADE QUE QUEREMOS”. Neste terceiro encontro sectorial abordáronse os retos en materia de servizos sociais que se plantexan desde o Concello co “gran desmantelamento que ven sufrindo esta área dende que o PP e Sofía Godoy ocuparon o cargo e que as idas e venidas do goberno de Jácome non fixeron máis que agravar unha situación nunha cuestión que afecta a calidade de vida e benestar de miles de ourensáns e ourensás”, sinalan os socialistas.
O foro estivo presentado pola secretaria xeral e vicevoceira no Concello de Ourense, Natalia González, quen manifesta que “Ourense está a batir récords en cifras de situación de pobreza e desatención de servizos clave como a ludoteca e a aula de promoción da saúde e hai unha necesidade de revertir o modelo de Jácome” e abordou a necesidade de retomar o proxecto de futuro e de referencia que o PSdeG-PSOE deixou instaurado durante os seus mandatos 2007-2015.
Os socialistas puxeron en valor a creación das cinco UNIS da cidade e os diferentes centros cívicos, lugares de referencia a día de hoxe nos barrios e onde teñen lugar estes foros e encontros – nesta ocasión no Centro Cívico Colón; así como a ludoteca, a Casa da Maxia e a Aula de promoción para a saúde, dotacións que o Partido Popular foi desmantelando de contido e que a día de hoxe son “dotacións de grande necesidade e que se atopan pechadas polo Concello”, tal e como explicou a exConcelleira e secretaria de políticas sociais da CENG do PSdeG, Marga Martín.
Por outra banda, os socialistas analizaron modelos de referencia en materia de servizos sociais que se están desenvolvendo nas dúas primeiras cidades galegas como son o Concello de A Coruña, do cal a súa Concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, puxo o foco na importancia da xestión dos programas que se desenvolveron durante a pandemia provocada pola COVID-19, ata o día de hoxe; e do Concello de Vigo, do que a súa concelleira de políticas sociais, Yolanda Aguiar, afondou nos dous programas novidosos e que presentaron recentemente dende o Concello como é a gratuidade dos libros de textos para as familias e o aumentode educadores sociais nos barrios vigueses.