cultura Executiva municipal de Ourense

Impulsamos que o Complexo de San Francisco sexa o epicentro da recuperación cultural de Ourense

DENDE A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE IMPULSAN QUE O COMPLEXO CULTURAL DE SAN FRANCISCO SEXA O EPICENTRO DA RECUPERACIÓN CULTURAL DA CIDADE

Os socialistas ourensáns continúan así coas charlas abertas á cidadanía para analizar e atender ás demandas e facer propostas programáticas cara o calendario de 2023. Nesta ocasión o eixe fundamental do acto foi o sector cultural

Dende a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense enteden que na xestión cultural temos que planificar e pensar cómo queremos que sexa ese futuro.

Ourense, 3 de novembro de 2022. A CEM do PSdeG-PSOE de Ourense reclama a cultura como “un dereito universal susceptible de ser reclamado por parte das e dos cidadáns á administración”. Así o manifestou esta tarde o seu secretario de organización, Jose Ramón Fernández Morgade, no foro debate “Ourense a cidade que queremos: O rescate da emerxencia cultural de Ourense”.

Os socialistas ourensáns continúan así coas charlas abertas á cidadanía para analizar e atender ás demandas e facer propostas programáticas cara o calendario de 2023. Nesta ocasión o eixe fundamental do acto foi o sector cultural elixindo para a súa realización un dos únicos enclaves do Concello nos que os programas culturais seguen a peza clave como é Seixalbo. No evento participaron: Franci Stella Estrada, escritora; Jose Manuel Rodríguez, Cineclube Padre Feijoo; Isabel Salgado, secretaria de cultura da CEM e Rosendo Prieto, asociación cultural Agromadas. Todos eles referentes de asociación culturais que seguen a manter viva a súa actividade pese as políticas inexistentes do gobernó de Jácome.

Natalia González, secretaria xeral da CEM expresou na súa intervención que a xestión cultural de Jácome non foi nunca, nin será, “unha prioridade”, se non que a deixou ao “azar e á improvisación” empezando polo cambio de nome da Concellería de Cultura, agora de Artes e Festexos, e pasando pola retirada do apoio a festivais de longa duración, á programación baixo mínimos do Auditorio Municipal, o desmantelamento da UPO, festivais extinguidos ou emigrados a outros lugares, museos pechados ou infrautilizados ou a situación pola que atravesan os centros cívicos, os locais de ensaio e a casa da mocidade. Todo elo dan mostra da nula preocupación do alcalde e de DO pola cultura da cidade, que sobrevive grazas ás accións de entidades e asociacións privadas.

En definitiva, a política cultural de Jácome é “arbitraria” e converteuna nun vehículo co cal cumprir os seus “caprichos” e satisfacer o seu “despotismo desmesurado”.

Dende a Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense enteden que na xestión cultural hai que “planificar e pensar cómo queremos que sexa ese futuro”. A xestión cultural municipal debe ser “un medio e non un fin, debe adaptarse ao momento e á realidade presente e trasladar as súas accións e proxectos ao longo do tempo”. Novas demandas tecnolóxicas colaborativas, novas formas de financiamento, novas ferramentas de debate e de reflexión ou novos formatos. Unha cultura aberta para todas e todos.

É por tanto fundamental:

  • Promocionar un espazo onde institucións e asociacións de implantación local poidan desenvolver as súas actividades e colaborar no funcionamento da mesmas, coa firma de distintos convenios pasando por convertir o complexo cultural de San Francisco no gran centro neurálxico da cultura da cidade.
  • Recuperar a UPO, o Outono fotográfico, festivais como o Pórtico do Paraíso e a FITO e asinar convenios de colaboración dende o Concello co Liceo, o Ateneo e o Cineclube Padre Feijóo; así como, recuperar a programación do Verán Cultural e a exención de taxas municipais ás entidades que dinamizan a cultura.
  • Fomentar unha programación diversa, garantindo a veciñas e veciños o acceso a diferentes expresións artísticas e dinamizar o tecido produtivo.
  • Planificar e acordar con todo o sector cultural local.
  • Desenvolver unha oferta ampla e variada de actividades culturais e musicais, facilitando a súa información.
  • Detectar as inquietudes culturais da poboación e respectar as demandas da mesma.
  • Ofrecer actividades culturais (concertos, conferencias, teatro, recitais, exposicións) e formativas (cursos e talleres).
  • Facilitar o acceso á cidadanía á produción artística, dando a coñecer o amplo abanico de manifestacións creativas.
  • Dar a coñecer a obra das creadoras e os creadores ourensáns.
  • Contribuír e colaborar coas entidades locais para facer que Ourense se converta nun reclamo turístico, promocionando os valores artísticos da cidade.