A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE PRESENTA AS SÚAS EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA A CIDADE NO 2023
Os socialistas ourensáns esixen o compromiso da Xunta para impulsar o proxecto Ecobarrio, os novos centros de saúde de O Vinteún e Mariñamansa, a reactivación do casco histórico e o plan de alugueiro para a xente moza ou o desenvolvemento do Plan Estratéxico Termal
A axenda política da agrupación para o mes de novembro abordará o papel da muller rural con Mª Luisa Vilches, a importancia da comunicación política con Enma López e Xavier Domínguez ou a arte urbana nas cidades do século XXI
Ourense, 8 de novembro de 2022. A Comisión Executiva Municipal da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebrou no día de hoxe a xuntanza ordinaria do mes de novembro, na que se deu conta das emendas presentadas aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2023 na cidade de Ourense.
| Consellería/Organismo | Obra ou actuación | Orzamento aproximado | |
| 05-A3 – Axencia Instituto Enerxético de Galicia | PROXECTO ECOBARRIO A PONTE | € 2.000.000,00 | |
| 12-80 – Servizo Galego de Saúde (SERGAS) | CENTRO DE SAÚDE O VINTEÚN | € 1.000.000,00 | |
| 12-80 – Servizo Galego de Saúde (SERGAS) | CENTRO DE SAÚDE MARIÑAMANSA | € 1.000.000,00 | |
| 05-A2 – Axencia Galega de Innovación – GAIN | GRAN HOTEL BALNEARIO | € 2.000.000,00 | |
| 09 -A1 – Axencia Galega de Infraestruturas | CIRCUNVALACIÓN LESTE DE OURENSE. TREITO OU-105 (BEMPOSTA) – N-525 | € 1.500.000,00 | |
| 09 – Consellería de Infraestruturas e Mobilidade | PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO | € 250.000,00 | |
| 05-A2 – Axencia Galega de Innovación – GAIN | REACTIVACIÓN POLÍGONO INDUSTRIAL DO VAL DA RÁBEDA | € 250.000,00 | |
| 08-81 – Instituto Galego de Vivenda e Solo | REACTIVACIÓN CASCO HISTÓRICO E PLAN ALUGUEIRO XENTE MOZA | € 1.000.000,00 | |
| 10 – Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade | NOVA ESCOLA INFANTIL PÚBLICA EN A CARBALLEIRA | € 500.000,00 | |
| 11 – Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade | PLAN DE EMPREGO DE OURENSE | € 2.000.000,00 | |
| 04-A2 – Axencia de Turismo de Galicia | REMODELACIÓN DA OFICINA DE TURISMO NA PONTE ROMANA | € 500.000,00 | |
| 04-A2 – Axencia de Turismo de Galicia | DESENVOLVEMENTO PLAN ESTRATÉXICO TERMAL (PETOU) | € 1.000.000,00 | |
A secretaria local, Natalia González, avanzou que a CEM segue comprometida ao máximo coa imprescindible activación e dinamización do partido despois de
8 meses ao frente, sen deixar aun lado o contacto diario con diferentes colectivos e asociacións e a presenza continuada na rúa.
Nese senso o xoves 10 de novembro ás 20.00 h. celebrarase despois de varios anos o tradicional magosto da agrupación no Campo da Feira.
A maiores nesta mesma semana terá lugar unha conferencia sobre o papel da muller rural que contará coa deputada no Congreso María Luisa Vilches e unha xornada de Comunicación Política 2.0 coa concelleira do PSOE en Madrid Emma López e co experto internacional Xavier Domínguez.
Nas previsións de novembro non faltará a participación da CEM nos actos vencellados á conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero, o 25 de novembro, e unha xornada en colaboración coas Xuventudes Socialistas para falar de arte urbana nas cidades do s.XXI, na que participarán representantes institucionais doutras urbes galegas.

