Executiva municipal de Ourense Xunta

A executiva local presenta emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia

A EXECUTIVA MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE PRESENTA AS SÚAS EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA A CIDADE NO 2023

Os socialistas ourensáns esixen o compromiso da Xunta para impulsar o proxecto Ecobarrio, os novos centros de saúde de O Vinteún e Mariñamansa, a reactivación do casco histórico e o plan de alugueiro para a xente moza ou o desenvolvemento do Plan Estratéxico Termal

A axenda política da agrupación para o mes de novembro abordará o papel da muller rural con Mª Luisa Vilches, a importancia da comunicación política con Enma López e Xavier Domínguez ou a arte urbana nas cidades do século XXI

Ourense, 8 de novembro de 2022. A Comisión Executiva Municipal da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense celebrou no día de hoxe a xuntanza ordinaria do mes de novembro, na que se deu conta das emendas presentadas aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2023 na cidade de Ourense.

Consellería/OrganismoObra ou actuaciónOrzamento aproximado 
05-A3 – Axencia Instituto Enerxético de GaliciaPROXECTO ECOBARRIO A PONTE€ 2.000.000,00
12-80 – Servizo Galego de Saúde (SERGAS)CENTRO DE SAÚDE O VINTEÚN€ 1.000.000,00
12-80 – Servizo Galego de Saúde (SERGAS)CENTRO DE SAÚDE MARIÑAMANSA€ 1.000.000,00
05-A2 – Axencia Galega de Innovación – GAINGRAN HOTEL BALNEARIO€ 2.000.000,00
09 -A1 – Axencia Galega de InfraestruturasCIRCUNVALACIÓN LESTE DE OURENSE. TREITO OU-105 (BEMPOSTA) – N-525€ 1.500.000,00
09 – Consellería de Infraestruturas e MobilidadePLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO€ 250.000,00
05-A2 – Axencia Galega de Innovación – GAINREACTIVACIÓN POLÍGONO INDUSTRIAL DO VAL DA RÁBEDA€ 250.000,00
08-81 – Instituto Galego de Vivenda e SoloREACTIVACIÓN CASCO HISTÓRICO E PLAN ALUGUEIRO XENTE MOZA€ 1.000.000,00
10 – Consellería de Cultura, Educación, FP e UniversidadeNOVA ESCOLA INFANTIL PÚBLICA EN A CARBALLEIRA€ 500.000,00
11 – Consellería de Promoción de Emprego e IgualdadePLAN DE EMPREGO DE OURENSE€ 2.000.000,00
04-A2 – Axencia de Turismo de GaliciaREMODELACIÓN DA OFICINA DE TURISMO NA PONTE ROMANA€ 500.000,00
04-A2 – Axencia de Turismo de GaliciaDESENVOLVEMENTO PLAN ESTRATÉXICO TERMAL (PETOU)€ 1.000.000,00
 

A secretaria local, Natalia González, avanzou que a CEM segue comprometida ao máximo coa imprescindible activación e dinamización do partido despois de

8 meses ao frente, sen deixar aun lado o contacto diario con diferentes colectivos e asociacións e a presenza continuada na rúa.

Nese senso o xoves 10 de novembro ás 20.00 h. celebrarase despois de varios anos o tradicional magosto da agrupación no Campo da Feira.

A maiores nesta mesma semana terá lugar unha conferencia sobre o papel da muller rural que contará coa deputada no Congreso María Luisa Vilches e unha xornada de Comunicación Política 2.0 coa concelleira do PSOE en Madrid Emma López e co experto internacional Xavier Domínguez.

Nas previsións de novembro non faltará a participación da CEM nos actos vencellados á conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero, o 25 de novembro, e unha xornada en colaboración coas Xuventudes Socialistas para falar de arte urbana nas cidades do s.XXI, na que participarán representantes institucionais doutras urbes galegas.