Concello de Ourense Executiva municipal de Ourense

A executiva local de Ourense e Xuventudes Socialistas reivindican a arte urbana como elemento pedagóxico, cultural e feminista

O PSDEG-PSOE DE OURENSE E AS XUVENTUDES SOCIALISTAS REIVINDICA A ARTE URBANA COMO UN ELEMENTO PEDAGÓXICO, EDUCATIVO, FEMINISTA, CULTURAL E DE POSTA EN VALOR DA MOCIDADE 

Natalia González explicou a necesidade de que dende o Concello e a cidade se lle dea un “pulo á visibilización e recuperación das fachadas e zonas degradadas da cidade” e se fomente a “creatividade” dos e das artistas orensás

No acto dirixido pola secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Alba García, tamén se pudieron contemplar proxectos como “Vigo cidade de Cor” o “As meninas de Canido” en Ferrol da man do seu autor, Eduardo Hermida.

Ourense, 26 de novembro de 2022. A executiva do PSdeG-PSOE de Ourense e as Xuventudes Socialistas exaltaron a arte urbana como un elemento “mobilizador e dinamizador do turismo” e de “posta en valor da cultura” como “arte pedagóxica e feminista” nun acto organizado esta mañá no espazo urbano Mur Marxinal.

O acto contou coa participación da secretaria xeral da CEM dos e das socialistas ourensás, Natalia González, quen explicou a necesidade de que dende o Concello e a cidade se lle dea un “pulo á visibilización e recuperación das fachadas e zonas degradadas da cidade” e se fomente a “creatividade” dos e das artistas orensás como a do xa famoso muralista Mon Devane. Ademais da importancia de coñecer as actividades que se están a realizar neste senso noutros puntos da provincia e de Galicia.

Neste ámbito, estiveron presentes a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, quen explicou os proxectos que se están levando a cabo na vila durante o último ano e a “importancia de que para ela como alcaldesa estivese presente o feminismo”. O proxecto da vila foi avanzando pouco a pouco en fachadas cedidas nas que se reflexaban elementos típicos de Caldelas como a agricultura e a gandería, os fachós, as plantas silvestres e os danzantes e que hoxe fan que vila sexa o referente da Ribeira Sacra en arte mural con concursos de arte urbana de referencia na provincial.

Pola súa banda, a concelleira de xuventude do Concello de Lugo, Ana G. Abelleira, expuxo a “importancia da lexitimación” que se fixo ca arte urbana de Lugo de cara á integración da mocidade entre a sociedade e de que as súas actividades poidan ser recoñecidas como artes plásticas creativas e que os veciños e as veciñas comprendan que hoxe os murais son un elemento turístico que atrae máis visitas ca propia muralla.

Tamén fixo fincapé na necesidade de dar a coñecer a artistas locais como Diego As, autor do premiado mural de Xulio César e quen onte estreou unha obra no Museo do Prado de Madrid.

No acto dirixido pola secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Alba García, tamén se pudieron contemplar proxectos como “Vigo cidade de Cor” o “As meninas de Canido” en Ferrol da man do seu autor, Eduardo Hermida.