Eleccións locais 2023 PSOE

O PSOE habilita unha web para informar aos estranxeiros do voto nas eleccións locais de 2023

O PSOE HABILITA UNHA WEB PARA INFORMAR DO VOTO AOS CIDADÁNS ESTRANXEIROS NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS

En https://electopsoe.psoe.es/ poderanse consultar os requisitos necesarios para exercer o dereito ao voto de todos aqueles cidadáns de países estranxeiros con convenio de reciprocidade

Madrid, 25 de novembro de 2022. Con motivo das eleccións municipais que terán lugar o 28 de maio do 2023, o PSOE habilitou unha páxina web para dar a coñecer todos os requisitos aos cidadáns estranxeiros que queiran exercer o seu dereito ao voto. Nesta dirección https://electopsoe.psoe.es poderanse consultar todas as condicións necesarias, co fin de facilitar o voto de todos aqueles cidadáns e cidadás estranxeiros e estranxeiras. A web contará cun chat para axudar nas posibles dúbidas que xurdan.

É un requisito indispensable a inscrición previa no padrón municipal e manifestar a súa vontade de exercer o dereito de sufraxio en España para ser incluídos no censo electoral vixente, así como para formar parte da lista electoral.

O prazo de inscrición para os cidadáns e cidadás estranxeiross residentes en España de países con convenio de reciprocidade co noso país para a súa inclusión no censo electoral abriuse o un de decembro e prolongarase ata o quince de xaneiro de 2023. Os países con acordos de reciprocidade de voto para as eleccións municipais son: Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Corea do Sur, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai, Perú, Reino Unido e Trinidad e Tobago.