Executiva municipal de Ourense ourense

A agrupación municipal de Ourense reúne a súa asemblea para facer balance e para expoñer as liñas de actuación de 2023

A AGRUPACIÓN MUNICIPAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE CELEBRA A SÚA ASEMBLEA ORDINARIA PARA DAR CONTA Á MILITANCIA DO BALANCE DE ANO E SACAR PULO XUNTOS, UNIDOS E FORTES PARA DEVOLVER A DIGNIDADE A OURENSE NAS ELECCIÓNS DE 2023

A Executiva municipal presentó o informe do Plan de Traballo dos últimos meses e os ornamentos para o ano 2023, face do balance dos sets primeros nove meses de xestión

A Secretaria Xeral, Natalia González, chamou á mobilización no seu informe de xestión para devolver á tercera ciudades de Galicia á dignidade que nunca debeu perder e facer entre todas e todos os socialistas e as socialistas unha candidatura progresista, transformadora e de futuro

Ourense, 13 de decembro de 2022. A Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense ven celebrar a súa Asemblea ordinaria, este martes, 13 de decembro na sede do PSdeG PSOE de Ourense, para dar conta do traballo político, social e participativo realizado pola Executiva Municipal nos últimos nove meses e expoñer as liñas de actuación e os orzamentos para o ano que vén.

Recuperada a cohesión, a unidade e a estabilidade interna, o obxectivo é situar o socialismo ao carón das persoas e artellar o proxecto político para gobernar Ourense no 2023. A asemblea deu voz aos afiliados e simpatizantes do partido e marca o rumbo para as eleccións municipais de 2023.

Informe do Plan de traballo de aprobación do orzamento para a anualidade 2023

A Secretaría de Organización, da man de José Ramón F. Morgade, presentou o informe do Plan de traballo da anualidade 2022 da CEM e someteu a aprobación o orzamento para a anualidade 2023.

Cun balance das máis de 70 visitas a asociacións e colectivos da cidade, nas que contactaron con máis de 400 veciños e veciñas de Ourense, co fin de elaborar unha diagnose actual e axeitada da situación de abandono e desleixo na que se atopa Ourense despois do desgoberno e caos dos últimos case 8 anos do PP e Jácome.

Tamén se puxo en valor a recuperación dos faladoiros políticos, as charlas e os foros de debate en materia de vivenda, urbanismo, termalismo, educación, cultura e sanidade, así como arte urbana e comunicación levados a cabo nos últimos meses.

O obxectivo inmediato é elaborar o programa electoral para as eleccións municipais de 2023 no que se definirá un novo modelo de cidade coa recuperación dos grandes proxectos de transformación urbana, a defensa na mellora dos servizos públicos e do medio ambiente, o benestar social, a igualdade, a cultura, o termalismo, o comercio e a mocidade terán un peso específico e moi relevante.

Chamada á movilización para que a cidade recupere a dignidade

A secretaria xeral dos socialistas de Ourense, Natalia González, fixo balance político no que destacou que hai 6 meses o obxectivo prioritario era artellar un proxecto político para gobernar a cidade, e hoxe as socialistas e os socialistas de Ourense contan cos medios e o instrumento para polo en marcha.

“Agora, temos o instrumento axeitado para pór en marcha o noso ambicioso programa político. A diferencia con respecto a hai seis meses é que HOXE artellamos un proxecto político progresista, solidamente ancorado no público que modernice a nosa cidade e que convirta Ourense na porta de entrada a Galicia e no seu eixe vertebrador. Temos os medios e a candidatura óptima e sólidamente avalada para cumprir os nosos obxectivos. Unha candidatura liderada polo socialismo.

Francisco Rodríguez é o socialismo. É o reflexo dunha política pensada, equilibrada, progresista e transformadora, que deseña un proxecto de cidade para Ourense no seu conxunto, sen esquecer un barrio, unha veciña, nin unha demanda social. É o instrumento para que Ourense recupere a súa dignidade”

Natalia G. Beneitez agradeceu a todos os membros da Agrupación a acollida da candidatura de Francisco Rodríguez e rematou a súa intervención chamando á movilización dos socialistas e as socialistas da cidade como forza necesaria para acadar o obxectivo político da Agrupación do PSdeG PSOE de Ourense: gañar as elección en maio do 2023 e gobernar para “devolverlle á nosa cidade a súa dignidade. Para devolverlle á nosa cidade a dignidade que nunca debeu perder”.