Eleccións locais 2023 ourense

As imaxes da xuntanza socialista de Nadal co candidato á alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez

VOLTA O ESPÍRITO DE SANTA CRUZ AO PSDEG PSOE DE OURENSE NA XUNTANZA SOCIALISTA DE NADAL CO CANDIATO Á ALCALDÍA PACO RODRÍGUEZ

A Secretaria Xeral de Ourense, Natalia G. Benéitez, o Secretario Xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso e o candidato á Alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez, se deron cita na Xuntanza socialista de Nadal

Recuperar a dignidade que ourense non debeu perder, obxectivo dos socialista e das socialistas da cidade nas vindeiras eleccións municipais

Ourense, 16 de novembro de 2022. O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou de novo a tradicional xuntanza socialista de nadal unindo a toda a militancia socialista. O acto tivo lugar este venres, na Carballeira de Santa Cruz, e contou coa participación do secretario Xeral do PsdeG, Valentín G. Formoso, e o candidato á alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez.

Formoso destacou a elección de Rodríguez como amellor elección “que nace da convicción de que é unha fugura moi querida na cidade de Ourense e debe darse unha nova oportunidade”. Destacando que o candidato é un tecedor de consensos alonxado do horror e a imaxe que Ourense está ofrecendo actualmente ante o resto de España e do mundo. Paco representa a prosperidade e o progreso para Ourense despois destes anos de desgoberno de Jácome e o Partido Popular.

Natalia G. Benéitez, Secretaria Xeral do PSdeG PSOE en Ourense agradeceu a presenza dos e das representantes de todos os estamentos orgánicos de partido, e en especial á militancia e convidou aos asistentes a traballar xuntos “Debemos unirnos todas e todos. Temos que facelo porque nolo está a pedir, a demandar Ourense “Aprende de onte, vive hoxe e agarda do mañá” Aprendamos de onte os erros cometidos que sumiron á nosa cidade nun solsticio de inverno, nunha longa noite de pedra. Vivamos hoxe e celebremos xuntos. Agardemos e traballemos xuntos para que mañá, Ourense teña un Alcalde Socialista, o alcalde que Ourense precisa”.

Pola súa banda, Paco Rodríguez, candidato do PSdeG PSOE á álcadía de Ourense, lembrou os principios e valores socialistas como razón que o levaron a tomar a decisión de aceptar a proposta do partido para concorrer ás elección municipais de maio do ano que ven.

Tras agradecer a confianza depositada nel polo partido, chamou á unidade e lembrou que “aesta noite é para recuperar o vello espírito de Santa Cruz que tantas veces reuniu neste salón á gran familia socialista” E tras un breve repaso ás necesidades da cidade e a importancia de pór en valor á súa xente, en especial ás mulleres e á mocidade, reivindicou o papel do Partido Socialista como único garante dunha política seria e pensada, de traducir os ditos en feitos, garantindo unha xestión dos servizos, equipamentos, infraestruturas e activos que a cidade necesita, e para iso o primeiro é que Ourense recupere a dignidade que nunca debeu perder remando xuntos e xuntas para gobernar o concello de Ourense.

“… García Márquez escribiu que “non haimediciña que cure o que non cura a felicidade”, tiña razón. A felicidade de voltar a estar con vós, de voltar a reunirme coa gran familia socialista, coa miña familia, compensa case todo”.

As xuventudes socialistas tiveron tamén un momento desacado no acto coa intervención do secretario das xuventudes socialistas de Galicia, Xurxo Doval, quen reclamou a necesidade de que Ourense recupere “a súa cor” e que sexa unha cidade na que a xente moza chegue para quedarse e non para marchar. Destacou a figura de Paco como aval da xuventude e do progreso que Ourense merece, e alabou a labor que está a realizar cada día as xuventudes socialistas de Ourense enfatizando os liderados femininos, con Alba García á súa fronte.

Unhas xuventudes implicadas na vida política e activista da cidade que irá cara o futuro buscando espazos de expresión, así o expresou Alba García ao comezo das intervencións.