A ÁREA DE MIGRACIÓNS DO PSDEG-PSOE DE OURENSE PRESENTA O INFORME ANUAL DE XESTIÓN DO ANO 2022, NO QUE TRABALLARON INCANSABLEMENTE DANDO APOIO A DIFERENTES COLECTIVOS
Luís Gulín afirma que o PSOE ourensán “é o único partido político que está dando voz ao colectivo de emigrantes retornados, traballando día a día en labores informativas de xeito incansable por toda provincia e asesorando a estas persoas en materias fiscais, sociais e de pensións”
Durante o 2022 a secretaría provincial de emigracións reuniuse con diferentes colectivos, prestou asesoramento a emigrantes retornados e realizáronse contactos periódicos con colectivos de inmigrantes
Ourense, 20 de xaneiro de 2023. A área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense vén de dar conta do informe anual das xestións e actividades realizadas durante o ano 2022, tanto en materia de emigración coma de inmigración. O secretario de migracións do PSOE ourensán, Luís Gulín Iglesias, presentou unha memoria detallada de todos os servizos prestados e actos realizados ao longo do pasado ano, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo secretario provincial do PSdeG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino.
O secretario provincial de migracións do PSdeG-PSOE, Luís Gulín Iglesias, afirma que o PSOE ourensán “é o único partido político que está dando voz ao colectivo de emigrantes retornados, traballando día a día en labores informativas de xeito incansable por toda provincia e asesorando a estas persoas en materias fiscais, sociais e de pensións”.
Gulín tamén puxo o foco o foco na iniciativa impulsada xunto co grupo provincial para a creación dun cemiterio intercultural na provincia de Ourense e sinala que se trata dunha medida “imprescindible, xa que en Galicia residen actualmente 26.000 musulmáns que seguen agardando o cumprimento dun mandato do Parlamento de Galicia de 2017 para modificar a lexislación sanitaria vixente”. Neste senso tamén apunta que “temos que rematar coa discriminación flagrante que existe e potenciar esta iniciativa para que sexa unha realidade”.






En relación coa área de emigración e retorno, a secretaría provincial de migracións realizou durante a declaración da renda varias sesións informativas para o colectivo de retornados en Verín, Xinzo de Limia, O Barco, Ourense, Celanova, Riós e Oímbra, nas que participaron máis de 250 persoas. Ademais tamén se atenderon numerosas consultas telefónicas ao correo electrónico de emigrantes retornados de todo o territorio español sobre este tema e sobre consultas tributarias de Galicia e fóra de Galicia.
En materia de xestión da Lei de dependencia de Alemaña, prestouse apio técnico a 10 persoas e axudouse a tramitar o recoñecemento como coidador non profesional ante o seguro alemán de dependencia de 3 mulleres e a asunción da respectiva cotización ante a seguridade social española por parte destas aseguradoras. No relativo da eliminación do voto rogado, á área de migracións do PSdeG-PSOE ourensán participou no mes de xuño nunha reunión telemática con representantes do PSOE en Europa e tamén estivo presente na Toxa na Xuntanza de empresarios galegos no exterior (AEGAMA).
Na área de inmigración, a secretaría provincial de migracións organizáronse encontros e contactos periódicos cos distintos colectivos da inmigración ourensá: Fevega, Alma Llanera, Unión Dominicana, Senegalés en Ourense e membros da comunidade musulmá. Mantivéronse reunións periódicas co colectivo de refuxiados afgáns, seguindo de preto as súas inquedanzas, e o seu esforzo por adaptarse a Ourense. Atendéronse múltiples preguntas sobre a validación de estudos estranxeiros, a homologación de títulos de bacharelato e o acceso á universidade, cuestións chegadas principalmente de América. Deuse tamén apoio técnico ao grupo provincial socialista para a redacción dunha moción sobre a posibilidade de crear un cemiterio intercultural na provincia de Ourense e atendéronse numerosas consultas telefónicas e por correo electrónico de diferentes asuntos.