Concello de Ourense Denuncias

Denunciamos os cambalaches de Jácome cun equipo de fútbol para esquivar a legalidade

O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA OS CAMBALACHES DO ALCALDE-EMPRESARIO JÁCOME CUN EQUIPO DE FÚTBOL PARA ESQUIVAR A LEGALIDADE E EXECUTAR O SEU PLAN DE OBRAS A TODA COSTA

Ourense, 9 de febreiro de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense acusa a Jácome de “querer tapar as súas vergoñas” recorrendo a artefactos de cuestionable legalidade para executar o seu plan de obras a toda costa. En opinión da voceira municipal, Natalia González, este é outro exemplo da clara falta de capacidade de xestión e bo goberno que cabe esperar dun representante público.

A socialista reproba que o alcalde pretenda facer cambalaches con todo aquel que se preste para esquivar a legalidade, neste caso cun equipo de fútbol da cidade a través dun convenio de 50 euros por obra “a todas luces aberrante e escandaloso”.

“É de sentido común que esta non é a fórmula para que as obras se leven a cabo. Hai obras en marcha que non se poden pagar e iso é unha hipoteca para as arcas públicas e pode ter percorrido legal porque é unha irresponsabilidade de libro” remarca.