concellos Eleccións locais 2023 Municipais 2023

Mateo Rodríguez, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Beade

O PSDEG APOSTA POLA MOCIDADE E ELIXE A MATEO RODRÍGUEZ COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE BEADE CO OBXECTIVO DE MELLORAR A CALIDADE DE VIDA NO MUNICIPIO E OS SERVIZOS

O candidato socialista afirma que se presenta motivado por “traballar entre todos por facer un Beade mellor, por atraer á mocidade, por promover a natalidade, por apoiar aos nosos maiores e dependentes, e sobre todo, por mellorar a imaxe deste municipio e da súa contorna”

Sinala que Beade precisa dun consistorio que “realice unha atención personalizada aos veciños e na que se axilicen os trámites e se amplíe o horario de atención ó público, que actualmente é moi escaso”

Beade, 10 de marzo de 2023. O PSdeG-PSOE aposta pola mocidade e por un novo candidato á alcaldía de Beade de cara aos comicios electorais que se celebrarán o vindeiro mes de maio. Mateo Rodríguez, veciño e residente en Beade, será o encargado de encabezar a lista dos socialistas nun municipio no que o PSOE leva anos medrando e no que aspira a facerse coa alcaldía trala celebración das eleccións do vindeiro mes de maio.

O candidato socialista afirma que se presenta como candidato a estas eleccións motivado por “traballar entre todos por facer un Beade mellor, por atraer á mocidade, por axudala, por promover a natalidade, por apoiar aos nosos maiores e dependentes, e sobre todo, por mellorar a imaxe deste municipio e da súa contorna”. Tamén destaca a necesidade de construír unha residencia de maiores “para que os nosos maiores non teñan que depender doutros concellos e poidan facer a súa vida no seu municipio”.

Mateo Rodríguez fixa como meta “abrir o concello á veciñanza, para que poidan comunicar todas as súas queixas, peticións e suxestións e poder axilizar o máis rápido posible estes trámites e que os veciños e as veciñas estean cómodos e a gusto no seu municipio”. Neste senso destaca que Beade precisa dun consistorio que “realice unha atención personalizada aos veciños e na que se axilicen os trámites e se amplíe o horario de atención ó público, que actualmente é moi escaso”.

“Outro dos obxectivos que nos marcamos é o de atraer poboación e mocidade que queira vivir aquí e a que lle facilitariamos os trámites para poder establecerse e que deste xeito se decanten polo noso concello, porque ao final se a xente se establece, paga impostos e ten fillos o que propiciará futuro para Beade”, explica o novo candidato do PSdeG-PSOE. Sinala que o censo “leva anos desplumándose, pecharon o colexio e os servizos son cada vez menores, polo que en Beade non hai futuro, vese todo abandonado e queremos cambiar esa imaxe do noso concello e promovelo para que a xente veña e viva aquí”.

Mateo Rodríguez tamén destaca entre as apostas dos e das socialistas o apoio aos maiores a través de iniciativas que “lles faciliten a vida diaria e con servizos dignos e eficientes que melloren a súa calidade de vida e as condicións de dependentes e maiores, como é a axuda no fogar”. Tamén aposta pola creación de campamentos rurais que segundo afirma “axuden a conciliación familiar en épocas de vacacións de verán ou no Nadal”.