Executiva municipal de Ourense Ourense 2023

González esixe a Baltar que aclare se reeditará o xogo de tronos irresponsable de 2019 cun candidato de palla

NATALIA GONZÁLEZ ESIXE A BALTAR QUE ACLARE AOS OURENSÁNS SE REEDITARÁ O XOGO DE TRONOS IRRESPONSABLE DE 2019 CUN CANDIDATO DE PALLA PARA QUE O PP SE MANTEÑA NAS POLTRONAS

Os socialistas apostamos por un goberno forte e unido, no que se garantan acordos polo interese xeral da cidade e se escoite á cidadanía, que rexeita as componendas do PP e Jácome e os 8 anos escuros de declive da nosa cidade, e desexa abrir unha nova etapa de futuro e progreso.

A única alternativa fiable de goberno e de futuro para Ourense pasa máis que nunca polo Partido Socialista e por Paco Rodríguez como Alcalde.

Ourense, 27 de marzo de 2023. Dende a dirección local do PSdeG-PSOE en Ourense facemos unha valoración do cruce de declaracións que no día de onte tiveron lugar entre os responsables do PP José Manuel Baltar e Manuel Cabezas, relativos á reedición do seu “pacto da vergoña” para colocar a Gonzalo Jácomena Alcaldía dende 2019 e manter no seu momento o poder na Deputación Provincial.

A secretaria xeral, Natalia González, afirma que “é máis necesario ca nunca que os cidadáns saiban que van a votar o vindeiro 28 de maio: se votar ao PP vai ser votar a Jácome, pero non con B de Baltar, que o digan xa”. E engade, “neste escenario a única alternativa fiable de goberno e de futuro para Ourense a partir do 28 de maio pasa polo Partido Socialista e por Paco Rodriguez como Alcalde.

Parécenos lamentable que o presidente do PP pretenda seguir a hipotecar a cidade manifestando abertamente a súa vontade de volver a pactar Jácome, poñendo por riba os seus intereses partidistas e persoais por riba dos dos veciños e veciñas de Ourense.

E peor se cabe aínda, que o candidato á Alcaldía do PP Manuel Cabezas se afane en  desmentilo, que a dous meses das eleccións, o PP estea de novo pretendendo enganar e  manipular á cidadanía.

Dende o Partido Socialista témolo moi claro, somos a alternativa para Ourense, queremos gobernar Ourense, sen componendas, poñendo o interese da cidadanía por riba de calquera  outra cuestión, e con sinceridade e honestidade. Os socialistas non imos a perpetuar o goberno letal de Jácome para Ourense, ese é o noso pacto cos veciños e veciñas. O PP de Ourense está totalmente dividido e desnortado, foron os máximos responsables dos 8 últimos anos de parálise e decadencia da cidade (por inacción e por colocación de Jácome como  Alcalde), e pretenden volver a enganar á cidadanía simplemente para manter o poder e seguir co  seu irresponsable xogo de tronos, o que menos lles importa a uns e outros é Ourense.