Executiva Provincial de Ourense GOBERNO ESTATAL

Destacamos o papel «clave» da educación no desenvolvemento da sociedade

O PSDEG-PSOE DE OURENSE PON EN VALOR A ACCIÓN E INVERSIÓN DO GOBERNO NA AXENDA TRANSFORMADORA DA EDUCACIÓN ESPAÑOLA “CLAVE” PARA O DESENVOLVEMENTO DA SOCIEDADE

A executiva provincial celebrou unha xornada de traballo na que participou María Luz Martínez Seijas, secretaria de educación e universidades da CEF do PSOE, quen mantivo un encontro con sindicatos, asociacións de pais e nais e cargos e militantes do PSOE

A voceira socialista na comisión de educación e formación profesional no Congreso aproveitou para falar sobre a Lomloe, a Lei de Formación Profesional ou as becas e axudas aos estudos, así como dos “importantes” investimentos do Goberno central en Galicia e Ourense

Ourense, 27 de marzo de 2023.  O PSdeG-PSOE destaca a acción e inversión do Goberno na axenda transformadora da educación española. A executiva provincial dos socialistas ourensáns realizou hoxe unha xornada de traballo, que contou coa presencia de María Luz Martínez Seijo, secretaria de educación e universidades da CEF do PSOE e voceira socialista na comisión de educación e formación profesional do Congreso. A responsable socialista de educación mantivo unha reunión cos sindicatos e axentes da comunidade educativa e posteriormente tamén mantivo un encontro coa militancia socialista da provincia.

Dende o PSOE ourensán destacan que para os e as socialistas a educación “é un eixo transformador e unha gran prioridade, xa que é unha das sinais de identidade do noso partido”. Os socialistas consideran que a educación “é clave para o desenvolvemento da sociedade e para lograr unha formación integral da mocidade”. Entre estas apostas cabe sinalar a Lomloe e a Lei de Formación Profesional, que son as bases para o desenvolvemento do modelo educativo e produtivo no pais.

Nunha rolda de prensa aos medios de comunicación, na que participaron, ademais de María Luz Martínez Seijas, o deputado no Congreso, Adolfo Pérez Abellás; a secretaria de igualdade da executiva provincial socialista, María Alida Iglesias; e o secretario provincial, Rafa Villarino; os e as socialistas puxeron o focos nos “importantes” investimentos do Goberno encabezado por Pedro Sánchez en materia de educación e formación na nosa comunidade autónoma e provincia.

Entre estes investimentos destacan a creación de 1.139 prazas anuais en Galicia de educación infantil entre os 0 e os 3 anos; 40 millóns de euros para a nosa comunidade autónoma que permitirán desenvolver e pór en funcionamento todos os programas de reforzo en materia educativa; 10.000 prazas anuais FP orientadas a novos sectores produtivos; 100 novas aulas de emprendemento; 38 aulas de tecnoloxía aplicada; 115 millóns de euros en materia de FP; 116 millóns de euros en Galicia en becas e axudas aos estudos, dos cales 9 millóns de euros destinaranse en Ourense para que 4.300 estudantes teñan acceso a estas axudas.

Durante a rolda de prensa a secretaria provincial de educación, María Alida Iglesias, aproveitou para agradecer a presencia de sindicatos e asociacións de pais e nais da provincia neste encontro. Pola súa banda, o deputado do PSdeG-PSOE de Ourense no Congreso, Adolfo Pérez Abellás, subliñou que na actual lexislatura o Goberno do Estado “foi capaz de sacar adiante tres leis moi importantes en materia educativa como son a Lomloe, a Lei de FP e a Lei de ensinanzas artísticas, que se aprobará proximamente e que as vai equiparar coas ensinanzas universitarias”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, apuntou que a educación “é un elemento básico, nuclear e central dentro do PSOE e clave para o desenvolvemento do noso pais”. O líder dos socialistas ourensáns tamén quixo por o foco en que a educación “ten un papel esencial que é o que fai que se desenvolva un pais”, afirmando que “orienta e é a guía que crea as pautas educativas neste país que permitan ter unha orientación cara un futuro máis global e de progreso”.

María Luz Martínez Seijo aproveitou a súa intervención ante os medios de comunicación para falar sobre a Lomloe ou a Lei de Formación Profesional. A secretaria de educación e universidades da CEF do PSOE fixo referencia a que a Lomloe “conta con tres principios fundamentais como son a equidade, a calidade e a inclusión”, que segundo afirmou “permite, entre outras cuestións, crear oportunidades en zonas rurais, ofrecer aprendizaxes adaptados ás necesidades dos alumnos, reforzar o sistema educativo, non excluír nin segregar a ninguén ou cooperar coas comunidades autónomas para axudar a que a inclusión sexa unha realidade”.

A voceira socialista na comisión de educación e formación profesional no Congreso tamén fixo fincapé en que “dende a chegada do PSOE ó goberno púxose en marcha un plan de modernización de FP e aprobouse a Lei de formación FP, con investimentos históricos”. Neste senso, María Luz Martínez, destacou que “é unha vía de formación prestixiosa, atractiva, flexible e moi necesaria e que permite coordinar a educación co mundo empresarial, cun modelo efectivo e adaptado ás necesidades da contorna”.

Por último, a responsable de educación no PSOE tamén puxo o foco nas becas e axudas de estudos das que sinalou que co aumento do investimento “conseguimos que ningún alumno se quede fora do acceso a educación por falta de recursos e creamos igualdade de oportunidades para todos e todas”. Martínez Seijas finalizou afirmando “que fronte o modelo da dereita de recortes e desmantelamento, está o modelo do PSOE capaz de recuperar o investimento en educación no PIB, gracias a un esforzo inversor que nos sitúa no 4,97%”.