1 de maio Concello de Ourense Municipais 2023

Avogamos polos dereitos sociais da clase obreira e traballadora neste 1 de maio

O PSDEG-PSOE DE OURENSE AVOGA POLAS POLÍTICAS QUE DEFENDEN OS SERVIZOS SOCIAIS E OS IMPOSTOS QUE REDISTRIBÚEN A RENDA NUN EMOTIVO ACTO CO GALLO DO 1 DE MAIO

O candidato á alcaldía de Ourense polo PSdeG-PSOE, Paco Rodríguez, instou a non esquecer a loita polos dereitos da clase obreira e traballadora e a seguir implementando melloras laborais desde o socialismo

Interviñeron tamén na homenaxe Alba Iglesias, secretaria xeral de XX. SS. de Ourense, e Cristóbal Medeiros, secretario da UGT, para reivindicar os dereitos que aínda quedan por conquistar

Ourense, 1 de maio de 2023. O candidato á alcaldía de Ourense polo PSdeG-PSOE, Paco Rodríguez, lembrou nun acto celebrado hoxe conxuntamente coa UGT, con motivo do Día dos Traballadores, a importancia de manterse alerta ante o perigo das formacións políticas que incumpren os dereitos fundamentais. «Temos avanzado un gran treito na igualdade e nos dereitos laborais e sociais, na protección do medio ambiente e na liberdade e a democracia. Pero non o suficiente como para que esta última esté asegurada ou como para impedir as contrarreformas laborais e sindicais das dereitas e extremas dereitas», advertiu na súa reivindicativa intervención.

“A nosa Constitución establece que todos temos dereito a unha educación gratuita e non podemos permitir que se convirta nun negocio. A desigualdade debe ser corrixida e pagar máis impostos quen máis ten”, sinalou e subliñou que a sanidade e a seguridade social tamén son intrínsecas á Carta Magna e ao socialismo. “Só por continuar recordando que é preciso cumprir a Constitución, paga a pena seguir celebrando este 1 de maio e mil máis”, argumentou.

O que quero hoxe destacar, con moito orgullo, fronte ao busto do compañeiro Pablo Iglesias Posse, é que o Partido Socialista é e sempre foi un escudo social para os e as traballadoras”, comezou afirmando Alba Iglesias, secretaria xeral de XX. SS. de Ourense. “Lexislamos para protexer ás persoas que traballan no campo, nas fábricas, coidando, limpando escaleiras, subindo aos andamios ou curando á xente”, engadiu.

Nesta liña, incidiu en que, mentres exista o perigo de que o neoliberalismo que promoven as dereitas desregule os dereitos dos e das traballadoras e debilite a figura dos sindicatos, seguirá existindo a loita de clases. “Mentres a unha inmensa maioría lle custe chegar a fin de mes, mentres xeracións enteiras non podamos acceder a unha vivenda digna, mentres haxa que esperar a ir menos xusto un mes para permitirse ir ao dentista, mentres coidar a nosa súade mental sexa un privilexio, mentres na metade do país sofren unha insoportable sequía e os campos de golf estén verdes como o dólar, seguirá existindo a loita de clases”, expuxo.

Pola súa banda, Cristobal Medeiros, secretario da UGT Ourense, reclamou que esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e os que quedan por conquistar. “Non é un día festivo ou de descanso como nos queren facer ver. Que non nos enganen, é un día para recordar de onde vimos, que conseguimos e que falta por conseguir”, reclamou.

Así mesmo, fixo un breve repaso pola historia lembrando ao mártires de Chicago polos cales a Segunda Internacional declarou o 1 de maio como Día Internacional dos Traballadores para que a clase obreira poida ter unha vida e condicións laboráis dignas. “O SMI era, no 2016, de 600 e pouco euros. Hoxe é de 1.080 euros. O contrato por obra e servizo era o pan noso de cada día. Hoxe vemos como a temporalidade pode reducirse e os contratos indefinidos aumentar se hai vontade de facelo”, subliñou o sindicalista sobre os últimos logros acadados.