O PSDEG-PSOE REIVINDICA A XESTIÓN REALIZADA OS ÚLTIMOS 4 ANOS POR ELVIRA LAMA EN XINZO E DESTACAN A “IMPORTANCIA” DO FUTURO PLAN DE HUMANIZACIÓN DA TRAVESÍA DA N-525
Os e as socialistas puxeron o foco no proxecto que se vai a levar a cabo na travesía da N-525, unha colaboración entre a entidade local e o Goberno de España, para renovar unha das vías principais do concello grazas a un investimento de preto de 4 millóns de euros
Elvira Lama sinalou que ve con “boa perspectiva” as eleccións do 28 de maio porque considera que despois de estar no goberno, a súa veciñanza veu na alcaldesa “unha persoa cercana e con capacidade para demandar doutras administracións financiamento”
Xinzo de Limia, 16 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE reivindica a xestión realizada nos últimos catro anos pola alcaldesa e candidata á alcaldía nos comicios electorais do vindeiro 28 de maio, Elvira Lama Fernández, e o resto do seu equipo. Os e as socialistas coñeceron de primeira man o proxecto que está a desenvolver o concello, coa colaboración do Goberno de España e co financiamentos dos fondos europeos Next Generation, para a humanización da travesía da N-525, vía de comunicación principal que atravesa a localidade.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, desprazáronse ata Xinzo de Limia para acompañar á alcaldesa, Elvira Lama, e a súa candidatura. Tras un paseo polas rúas da vila, os e as socialistas compareceron ante os medios de comunicación para falar de Xinzo de Limia e do seu futuro.
Os e as socialistas puxeron o foco no proxecto que se vai a levar a cabo na travesía da N-525, unha colaboración entre a entidade local e o Goberno de España, para renovar unha das vías principais do concello grazas a un investimento de preto de 4 millóns de euros. Unha mostra de que “alá onde goberna o PSOE é capaz de transformar a realidade urbana e mellorar a calidade de vida das persoas”. O proxecto consiste principalmente na humanización, modernización, adaptación a vida cotiá e dotación de equipamentos na contorna da estrada ao seu paso por Xinzo, mediante a ordenación dos espazos, atendendo ás necesidades actuais e futuras co aproveitamento máximo da plataforma existente.






A actual alcaldesa e candidata á reelección, Elvira Lama Fernández, sinalou que ve con “boa perspectiva” as eleccións do 28 de maio porque considera que despois de estar no goberno, a súa veciñanza veu na alcaldesa “unha persoa cercana e no equipo de goberno, xente con capacidade para demandar doutras administracións financiamento que serían inabordables para un concello do tamaño de Xinzo”.
Lama agradeceu a “implicación” do Goberno de España e o “fío directo” cos Ministerios que permiten proxectos como o que “permitirá transformar Xinzo de Limia e facer desta unha vila máis amable e segura para á veciñanza”.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, aproveitou a visita para mostrar a súa “preocupación” con que os dirixentes doutros partido anden “distraídos noutros debates”. En concreto, criticou que o presidente da Xunta e do PP galego, Alfonso Rueda, chegara incluso a cuestionar o compromiso de Abel Caballero co seu partido, acusándoo de “ir de independente cando é PSOE en vena”. Non só apelou ao orgullo de ser socialistas, senón que asegurou que, con este tipo de afirmacións, Rueda demostra que “percorre Galicia en Babia”.
Insistiu en que no PSdeG “estamos moi orgullosos dos nosos candidatos”, e tamén de “defender aos pensionistas e ás clases medias e traballadoras do país”. Fronte ao que apuntou que quizais son os populares deban estar “avergonzados” dalgún ex tesoureiro ou ex ministro que están no cárcere, ou mesmo de ter votado en contra da reforma laboral que crea emprego estable, do incremento do salario mínimo ou do acordo para incrementar as pensión que cobran 770.000 galegos e galegas en función do custe da vida, e non un 0,25% anual como propoñía o PP.