Castro Caldelas, 18 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE vén de participar esta mañá nun reparto informativo polas rúas de Castro Caldelas, aproveitando a celebración da feira. Foron moitos os veciños e as veciñas que escoitaron atentamente as explicacións e as aclaracións sobre o programa que os e as socialistas presentan na vila para seguir apostando durante catro anos máis polo día a día da veciñanza.
No acto estiveron presentes membros da candidatura do PSdeG-PSOE, encabezados pola candidata á alcaldía e actual alcaldesa, Sara Inés Vega Núñez. Tamén contaron coa visita do delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro; e do deputado no Parlamento de Galicia, Eduardo Ojea Arias.














A candidata socialista, Sara Inés Vega Núñez, destaca que «o traballo realizado durante estes 4 anos foi moi importante para seguir modernizando e transformando a nosa localidade, e quero continuar con esta labor que Castro Caldelas merece». A actual alcaldesa da vila tamén sinala que «caracterízame buscar o progreso e benestar do noso pobo, mellorando día a día os servizos a todos os veciños e veciñas.
Os e as socialistas de Castro Caldelas afirman que con esta candidatura «queremos presentar un programa electoral pensado nas necesidades dos caldelaos e caldelás. Para mellorar, para facer día a día o voso futuro benestar, para seguir traballando e loitando con optimismo e determinación e para construír un lugar mellor para vivir».