concellos Eleccións locais 2023 Municipais 2023

Reparto informativo polas rúas da Valenzá

Barbadás, 23 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE aproveitou a mañá de hoxe para facer un reparto informativo polas rúas da Valenzá e conversar coa veciñanza. O candidato á alcaldía, Xosé Carlos Valcárcel Doval, percorreu as rúas deste núcleo de poboación, na compaña da candidatura e dos deputados no Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón.

Os e as socialistas presentan un proxecto para Barbadás “centrado nas persoas e con ideas progresistas, que loitará para mellorar a calidade de vida”, o que permitirá que este concello, un dos máis poboados e dinámicos económica e demográficamente da provincia, continúe a ter un goberno sólido e de futuro para seguir avanzando.

Xosé Carlos Valcárcel destacou que o PSdeG-PSOE conta cunha “candidatura con persoas altamente preparadas que representarán con enorme orgullo a todos os veciños e veciñas e que teñen unha enorme calidade humana”, polo que “loitarán para mellorar a calidade de vida de todos e todas”. “Hoxe é o momento de mirar ao futuro, de falar do futuro, un futuro que xuntos construiremos” proclamou o rexedor antes de sinalar que “aposta por ‘Máis Barbadás!’. E, por iso, anunciou que quere comezar esta nova etapa “facendo o que sempre fixo”, é dicir, “escoitando á veciñanza”. 

Valcárcel salientou que “pensar nas persoas é o motivo dun dos grandes logros” do seu goberno socialista, o que permitiu non subir os impostos durante os oito anos que acumula como alcalde. “E aínda así fixemos moito máis porque xestionamos mellor”, remachou antes de recordar que “por iso somos un dos concellos que máis medra de Galicia”.