concellos Eleccións locais 2023 Municipais 2023

Reparto informativo polo concello de Amoeiro

Amoeiro, 23 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE participou este mediodía nun reparto informativo no concello de Amoeiro, no que aproveitaron para seguir presentándolle á veciñanza o proxecto que teñen preparado para o municipio de cara aos próximos 4 anos. O candidato á alcaldía, José Luís González, e a candidatura socialista no concello estiveron arroupados polos deputados no Congreso, Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón.

Os e as socialistas puxeron o foco en que unha das “grandes forzas transformadoras” da nosa sociedade reside no “forte municipalismo” dos e das socialistas.

O alcalde e candidato a reelección, José Luis González, asegurou que “o Partido Socialista fixo da eficacia a súa bandeira” neste concello ourensá, para que “cada investimento estea dedicado exclusivamente ás necesidades máis urxentes, sen a sombra do malgasto”. “A honestidade dun labor de goberno mídese na rendición dunhas contas claras. A honestidade non é só unha virtude: é que sen ela a xestión pública perde toda eficacia”, insistiu.

González tamén destacou que “o crecemento de poboación en Amoeiro é un claro exemplo de que a chamada España baleirada pódese encher con intelixencia, xenerosidade e políticas públicas de desenvolvemento”.