Casa do Pobo Executiva municipal de Ourense Sanidade

Belen Codina analiza os retos pendentes do sistema sanitario no caso de enfrontarse a unha nova pandemia

 BELÉN CODINA ANALIZA, NA SEDE DO PSOE DE OURENSE, OS RETOS PENDENTES DE ESPAÑA NO CASO DE TER QUE ENFRONTARSE A OUTRA PANDEMIA

Ourense, 10 de outubro de 2025. A experta en saúde global Belén Codina -cunha extensa traxectoria de máis de 20 años no sector da saúde, tanto en xestión pública, como en consultoría e na industria farmacéutica- ofreceu unha ponencia na sede do PSOE de Ourense na que analizou pormenorizadamente a política e as estratexias que o Goberno progresista adoptou durante a pandemia da Covid-19. «Púxose por diante a saúde global á economía», afirmou na súa intervención do que foi o primeiro encontro do ciclo ‘Conversas na Casa do Pobo’.

«Se algo nos ensinou a pandemia é que sempre que hai vontade política podemos chegar a consensos e implementar políticas beneficiosas para a poboación. E temos que sentirnos moi orgullosos do acadado coas vacinas e da inmediatez coa que conseguimos protexer á poboación», destacou antes de afondar noutros aspectos sanitarios como a desinformación e os bulos que inundaron as redes sociais e os dispositivos móbiles.

Tamén expuxo, nun encontro organizado conxuntamente polas executivas municipal e provincial do PSdeG de Ourense, cal son as debilidades que actualmente quedan por mellorar do sistema sanitario público no caso de ter que afrontar outra crise similar.