A Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense aborda os avances e retrocesos dos dereitos das mulleres nun encontro con Aurora Marco
O encontro terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, ás 20:00 horas, na Casa do Pobo, situada na rúa Ribeira de Canedo, 24-26, en Ourense
En Ourense, a 20 de abril de 2026. A agrupación local do PSdeG-PSOE de Ourense continúa co seu ciclo de encontros “Conversas na Casa do Pobo”, unha iniciativa aberta á cidadanía para fomentar o debate e a reflexión sobre temas de actualidade social e política.
Nesta ocasión, a convidada de honor será Aurora Marco, quen ofrecerá unha charla baixo o título “Dos avances das mulleres na República á regresión da ditadura franquista”, na que abordará a evolución dos dereitos feministas ao longo da historia recente de España, poñendo o foco nos logros acadados durante a Segunda República e o retroceso sufrido durante o franquismo.
O encontro terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, ás 20:00 horas, na Casa do Pobo, situada na rúa Ribeira de Canedo, 24-26, en Ourense.
Desde o PSdeG-PSOE de Ourense convidamos a toda a cidadanía a asistir a este acto, que busca non só divulgar coñecemento histórico, senón tamén promover o diálogo e a conciencia crítica sobre a igualdade e os dereitos sociais, dende a perspectiva das mulleres.


