O PSDEG-PSOE DE OURENSE DENUNCIA QUE O PP ABANDONA Á DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA RIBEIRO E BLOQUEA A SÚA PROTECCIÓN NUN MOMENTO CLAVE PARA O SECTOR VITIVINÍCOLA NA PROVINCIA DE OURENSE
Os datos evidencian unha situación de deterioración: o valor económico da produción caeu máis dun 30% na última década, en contraste coa evolución positiva doutras denominacións galegas; o prezo medio do litro sitúase en apenas 4,23 euros, o máis baixo de Galicia; e a última colleita apenas superou os 8 millóns de quilos de uva, reflectindo unha tendencia descendente condicionada polo cambio climático, as pragas como o mildiu e o abandono de viñedos
“Ningún senador do PP de Ourense atreveuse a tomar a palabra para xustificar o seu voto en contra”, sinalou o senador socialista por Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, que destacou que a intervención do PP finalmente foi realizada polo senador por Lugo, José Manuel Balseiro
“Os datos son claros: caída de produción, perda de valor, abandono de viñedos e envellecemento do sector. Ante esta realidade, o responsable era actuar. Con todo, o PP optou por bloquear medidas que buscaban protexer ao Ribeiro e garantir o seu futuro”, apuntou
Ourense, 20 de abril de 2026. O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia que o Partido Popular rexeitou na Comisión de Agricultura, Gandería e Alimentación do Senada unha moción impulsada polo Grupo Grupo Parlamentario Socialista para reforzar a sustentabilidade e protección da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Ribeiro, unha das máis antigas e emblemáticas do viño galego. “Ningún senador do PP de Ourense atreveuse a tomar a palabra para xustificar o seu voto en contra”, sinalou o senador socialista por Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, que destacou que a intervención do PP finalmente foi realizada polo senador por Lugo, José Manuel Balseiro.
A negativa do PP prodúcese nun momento especialmente crítico para o Ribeiro. Os datos evidencian unha situación de deterioración: o valor económico da produción caeu máis dun 30% na última década, en contraste coa evolución positiva doutras denominacións galegas; o prezo medio do litro sitúase en apenas 4,23 euros, o máis baixo de Galicia; e a última colleita apenas superou os 8 millóns de quilos de uva, reflectindo unha tendencia descendente condicionada polo cambio climático, as pragas como o mildiu e o abandono de viñedos.
Ademais, o sector arrastra problemas estruturais como a perda de viticultores, o envellecemento —cunha media de idade ao redor dos 65 anos—, a fragmentación da propiedade ou a falta de adaptación dos seguros agrarios á realidade do territorio.
A pesar deste contexto, o PP votou en contra dunha iniciativa que expuña medidas concretas para reverter esta situación: mobilizar parcelas abandonadas, fomentar a remuda xeracional, mellorar a cadea de valor para garantir prezos xustos, adaptar os seguros agrarios, impulsar a formación en enoloxía e potenciar o enoturismo como vía de desenvolvemento económico.
A DOP Ribeiro non é un sector menor: conta con ao redor de 1.600 viticultores, preto dun centenar de adegas e representa aproximadamente o 3% do PIB e o 7% do emprego directo na comarca, o que evidencia o seu carácter estratéxico para o territorio.
Un sector en situación límite
O senador socialista Rafael Rodríguez Villarino denunciou que “o PP decidiu dar as costas a un sector que está nunha situación límite e que necesita apoio urxente das administracións públicas”. “Os datos son claros: caída de produción, perda de valor, abandono de viñedos e envellecemento do sector. Ante esta realidade, o responsable era actuar. Con todo, o PP optou por bloquear medidas que buscaban protexer ao Ribeiro e garantir o seu futuro”, sinalou.
Rodríguez Villarino subliñou que “defender o Ribeiro é defender emprego, territorio e unha tradición vitivinícola milenaria”, e reiterou o compromiso do Grupo Parlamentario Socialista co impulso do sector primario e a protección das denominacións de orixe como motores de desenvolvemento rural.
O Grupo Parlamentario Socialista continuará traballando para que se adopten medidas que permitan reverter o declive do Ribeiro e asegurar a viabilidade dun sector crave para Galicia.

