ConMemora Executiva Provincial de Ourense

A V Xuntanza Socialista de Ourense en imaxes

Allariz acolleu a V Xuntanza Socialista de Ourense. Un acto multitudinario no que se congregaron máis de 300 socialistas chegadas de toda a provincia de Ourense e doutros puntos de Galicia.

Esta nova edición volveu servir para estreitar os lazos de unión entre a militancia socialista da provincia, nun acto moi emotivo e cargado de contido. A V Xuntanza Socialista de Ourense consolídase como unha cita imprescindible no calendario político da provincia, tanto polo seu carácter participativo como polo seu papel na cohesión interna da organización. Esta edición volveu demostrar a capacidade do partido para mobilizar á súa militancia arredor dun proxecto común, reforzando os vínculos entre comarcas e xeracións distintas do socialismo ourensán.