As socialistas votan en contra do orzamento e do “modelo Jácome” e plantexan un proxecto de cidade no que as ourensás e os ourensáns estén “no centro”
En Ourense, a 25 de maio de 2026. O grupo municipal socialista de Ourense votou en contra dos Orzamentos do Concello de Ourense os cales perpetúan o “modelo Jácome: pagando unhas débedas municpais que ascenden a máis de 40 millóns de €, atrasos, festas, licitacións en precarios e compra de vontades políticas para pagar réditos electoraisdo Alcalde e que de ningún xeito solventan os principais problemas que ten a cidade”, segundo sinalou a vicevoceira socialista María Fernández Ojea.
As socialistas non poden avalar un orzamento que non é viable nin no contido, nin na forma, nin no procedemento, pola falta de informes preceptivos” tal e como explicou a concelleira socialista e que non se pode aplicar non co informe de intervención nin sen él.
Ante esta situación, e como veñen manifestando ao longo de todo o mandato, rexeitan o “desgoberno de Jácome”, a perda de fondos, a nula xestión económica e administrativa, a falta de consenso, de planificación e, especialmente, a falta de diálogo social máis aló dos intereses do alcalde” Por todo elo, as socialistas instan ao Partido Popular e ao BNG a que deixen de caer “no xogo de centrar o debate nos personalismos do Alcalde, para non falar do realmente importante” que son as necesidades que teñen os veciños e as veciñas de Ourense.
Despois de rexeitar a confianza en quen Goberna a cidade, o Grupo municipal socialista mantén “con coherencia e responsabilidade” un proxecto e un equipo para gobernar a cidade cunha alternativa “clara e sólida” e baseado nas emendas orzamentarias que trasladaron fai dúas semanas e que os técnicos municipais avalaron a súa viabilidade. Un proxecto centrado en que a cidade medre, sexa máis habitable para os ourensáns e as ourensás: vivenda, conciliación, benestar social, deportes e refuxios climáticos.
As socialistas nin queremos este orzamento, que é imposible de avalar, nin queremos que Jácome siga un día máis ostentando o bastón de mando da terceira cidade de Galicia. Ante isto, as socialistas cuestiónanse que van a facer o BNG e o PP ¿queren realmente unha alternativa de Goberno? ou ¿van a continuar mantendo a Jácome como Alcalde?

