Concello de Ourense Executiva Provincial de Ourense

Informamos da existencia dunha única precandidatura á alcaldía de Ourense

A EXECUTIVA PROVINCIAL DO PSDEG-PSOE DE OURENSE COMUNICA A EXISTENCIA DUNHA ÚNICA PRECANDIDATURA Á ALCALDÍA DE OURENSE

De acordo co establecido no regulamento do proceso, ao concorrer unha única precandidatura non será necesario celebrar o proceso de elección mediante primarias. En consecuencia, Natalia González Beneitez queda proclamada como candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía do concello de Ourense

Ourense, 3 de xullo de 2026. A Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense informa de que, unha vez rematado o prazo establecido para a presentación de precandidaturas á elección da candidata ou candidato á alcaldía de Ourense, foi rexistrada unha única precandidatura.

A precandidatura está encabezada por Natalia González Beneitez, actual secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade de Ourense e voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense.

De acordo co establecido no regulamento do proceso, ao concorrer unha única precandidatura non será necesario celebrar o proceso de elección mediante primarias,  quedando sen efecto o calendario das mesmas anunciado en días anteriores. En consecuencia, Natalia González Beneitez queda proclamada como candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía do concello de Ourense.

Saúdos.